Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Carballo celebrou a clausura dos cursos de acollemento lingüístico cunha festa intercultural

Vintecinco personas de lugares como a República Dominicana, Venezuela, Perú, Colombia, Uruguai ou Madrid recibiron os seus diplomas

Imaxe de familia dos participantes nos cursos
Imaxe de familia dos participantes nos cursos
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O galego volve demostrar o seu poder como ferramenta de acollida, integración e cohesión social. Un grupo de arredor de 25 persoas vén de completar con éxito os cursos de acollemento lingüístico organizados polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) de Carballo, unha iniciativa plenamente consolidada no municipio que facilita o achegamento á lingua e á cultura galegas a aquelas persoas que elixen Carballo para construír a súa nova vida.

Nesta edición, as aulas contaron cunha gran diversidade de perfís e procedencias, que reflicten a riqueza multicultural do concello. Entre o alumnado atopábanse veciños e veciñas chegados desde a República Dominicana, Venezuela, Perú, Colombia, Uruguai e tamén de comunidades como Madrid. 

Ao longo das sesións, impartidas polo docente Tono Formoso, os participantes non só adquiriron as nocións lingüísticas básicas para o seu día a día, senón que tamén crearon un espazo de intercambio e convivencia idóneo para fortalecer os lazos coa comunidade de acollida.

Diplomas e Festa do Trouxen

O acto de clausura estivo presidido pola concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, que foi a encargada de entregar os diplomas acreditativos a un alumnado moi agradecido e satisfeito coa experiencia.

Tras o acto formal, a celebración continuou nas Escolas do Xardín Agra de Caldas coa tradicional Festa do Trouxen. Fiel ao espírito desta celebración, cada un dos participantes achegou algo de comer ou beber —moitas veces pratos típicos dos seus países de orixe mesturados coa gastronomía galega— para compartir nun gran xantar colectivo.

A xornada completouse con música, baile e moita diversión, como peche festivo dun ciclo formativo que vai moito máis alá da aprendizaxe dun idioma.

A celebración continuou nas Escolas Escolas do Xardín coa tradicional Festa do Trouxen
A celebración continuou nas Escolas Escolas do Xardín coa tradicional Festa do Trouxen
Cedida
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620