Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

O campamento de verán de Paseniño consolídase como unha alternativa de ocio inclusivo para nenos e adolescentes 

A proposta tivo unha grande acollida, polo que continuará durante toda a etapa estival

Campamento inclusivo de Paseniño
Campamento inclusivo de Paseniño
IG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Asociación Paseniño continúa desenvolvendo, con moi boa acollida por parte das familias da comarca, unha nova edición do seu Campamento Cultural Inclusivo de Verán. A iniciativa ofrece un espazo adaptado no que a infancia e a adolescencia con necesidades de apoio poden desfrutar do lecer, compartir experiencias, relacionarse e participar na comunidade durante as vacacións escolares.

Desde o pasado 29 de xuño, as persoas participantes gozan dunha programación variada que combina obradoiros creativos, actividades deportivas, xogos de mesa, música e baile, ademais de propostas especiais como a visita da Policía Local e do Servizo de Bombeiros, que, un ano máis, foi recibida con grande entusiasmo. O campamento responde a unha necesidade real das familias. 

A medida que aumenta a idade, e especialmente durante a adolescencia, redúcese considerablemente a oferta de actividades inclusivas e adaptadas. As necesidades de acompañamento, socialización, ocio e participación continúan durante todo o ano e fanse especialmente visibles nos períodos nos que non hai actividade escolar. Paseniño aposta por un modelo no que cada participante poida contar cos apoios que precise. 

Ao mesmo tempo, as actividades desenvólvense en espazos compartidos por persoas con e sen diversidade, favorecendo unha convivencia natural baseada no respecto, na colaboración e na igualdade de oportunidades. Para a entidade, avanzar cara a unha sociedade inclusiva require crear desde a infancia contornas nas que a diversidade estea presente e todas as persoas poidan participar. 

Ademais de ofrecer unha proposta de ocio educativo, o campamento constitúe un importante recurso de conciliación e respiro familiar, especialmente para os fogares nos que existen maiores necesidades de apoio e poucas alternativas adaptadas durante as vacacións.

Este compromiso mantense durante todo o ano. Ao longo do curso escolar, Paseniño desenvolve un servizo de respiro e conciliación, xunto con outras actividades inclusivas. Tras a boa acollida, a entidade continuará coa proposta durante todo o verán, reafirmando o seu compromiso por un ocio accesible, inclusivo e adaptado. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620