Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Ondas Culturais trae esta semana a Carballo o rock e power pop de Familia Caamagno e a música de raíz de Sofía Espiñeira 

As sesións de Noites de Cine visitan o Xardín Municipal coa proxección dunha película ambientada en Galicia: 'Romería'

02 julio 2017 página 11Carballo.- El festival Rockin´ de Carballo puso la nota musical del fin de semana en el municipioActuación de Familia Caamagno
Actuación de Familia Caamagno nunha pasada edición do Rockin carballés
Raúl López
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A programación de Ondas Culturais de Carballo ofrece esta primeira semana de agosto unha dobre cita musical que levará ao público desde a canción de autora e a música de raíz ata o rock e o power pop cargados de forza e ironía. Os concertos de Sofía Espiñeira e Familia Caamagno compartirán protagonismo cunha nova sesión do ciclo Noites de Cine.

A programación comeza este mércores cunha nova sesión de Noites de Cine no Xardín Municipal, onde ás 22.00 horas poderá verse Romería (2025), unha comedia dramática recomendada para maiores de 16 anos que achega ao ciclo unha historia rodada en Galicia. 

A primeira cita musical da semana chega o xoves 6 coa segunda parada do ciclo Sons de Aquí, unha proposta que une música, patrimonio e paisaxe para ofrecer ao público unha experiencia cultural completa en espazos singulares do concello. 

Nesta ocasión trasládase ao adro da igrexa de Sísamo. Ás 20.00 horas desenvolverase unha visita guiada arredor da historia da parroquia, con especial atención á importancia dos espazos de encontro veciñal e do patrimonio relixioso (a inscrición xa está completa, pero quen queira pode achegarse igualmente ata o lugar para escoitar o relato do historiador Adrián García).

Ás 20.30 horas comezará o concerto de Sofía Espiñeira, de acceso libre ata completar a capacidade do recinto. A artista presenta Xeografías, un traballo que afonda nas raíces, as fronteiras e os éxodos a través dunha proposta que combina a canción de autora coa música de raíz galega e latinoamericana. Espiñeira é unha artesá de cancións, creadora e artista multidisciplinar, que nas súas composicións integra músicas do mundo coa canción máis íntima e crúa. Esta actuación conta coa colaboración da Deputación.

Familia Caamagno volve a Carballo cunha  nova xira. A cita está prevista para este venres día 7, ás 22.30 horas, no palco exterior do Pazo da Cultura. A banda de Sigüeiro celebra quince anos de traxectoria presentando Disco Comarcal, o seu novo traballo discográfico, unha colección de cancións que revisita con humor, retranca e guitarras afiadas o imaxinario das festas e das discotecas das vilas galegas. 

Neste novo directo, o grupo sobe ao escenario acompañado pola Orquestra do Quince, unha formación integrada por catro instrumentistas de vento e un teclista que amplía e reforza a sonoridade da banda. O público atopará melodías luminosas, profundidade emocional e as letras incisivas que os Caamagno acostuman a presentar. Esta actuación conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Ademais,  aínda pode visitarse a exposición colectiva O susurro dos Antergos, que permanecerá aberta ata o 18 de agosto no andar -1 do Pazo da Cultura. A mostra reúne obras de artistas da comarca de Bergantiños inspiradas na mitoloxía galega e pode visitarse de luns a sábado, entre as 17.00 e as 20.30 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620