Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

María Canedo Velo volve acertar e pecha por todo o alto a campaña 'O Prezo Xusto' do CCA de Carballo 

Converteuse na primeira participante en gañar dous dos catro premios postos en xogo

Gañadora 4º escaparate horizontal
A gañadora posa co premio
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo puxo punto e final á campaña estival 'O Prezo Xusto' cun desenlace que deixou unha anécdota difícil de igualar: María Canedo Velo converteuse na primeira participante en gañar dous dos catro premios postos en xogo, demostrando unha puntería extraordinaria á hora de calcular o valor dos escaparates virtuais creados para a iniciativa. 

A gañadora do cuarto e último escaparate realizou unha estimación de 1.023 euros, quedando a tan só 7,70 euros do prezo real, fixado en 1.030,70 euros. Unha diferenza mínima que lle permite levar o derradeiro cheque agasallo de 50 euros da campaña, entregado este mércores nun dos comercios asociados ao CCA carballés. 

A fortuna pareceu ter este ano un destino moi concreto: a parroquia carballesa de Razo. Dos catro premios entregados, tres remataron nesta localidade, dous deles precisamente da man de María Canedo Velo, que xa fora a gañadora do terceiro escaparate. 

A campaña, desenvolvida durante todo o mes de xullo a través das redes sociais do CCA Carballo, propuxo cada semana un novo escaparate dixital composto por produtos cedidos polos establecementos asociados. As persoas participantes tiñan que calcular o seu valor e cumprir cos requisitos establecidos para optar aos premios, convertendo a iniciativa nun divertido xogo que espertou unha notable participación e interacción nas redes sociais. 

Desde o Centro Comercial Aberto de Carballo fan unha valoración moi positiva desta primeira edición en formato dixital, que permitiu achegar o comercio local a novos públicos, incrementar a presenza nas redes sociais e fomentar a participación da clientela dunha maneira dinámica e entretida. O CCA Carballo quere trasladar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron ao longo destas catro semanas, así como aos establecementos asociados que colaboraron achegando os produtos que deron forma aos diferentes escaparates.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620