Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

O Servizo de Normalización Lingüística de Carballo lanza 'Pon a punto o teu galego!', a súa formación gratuíta para a segunda metade do ano

A iniciativa inclúe actividades presenciais nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 10 de setembro

Sesión de Apego en las Escolas do Xardín
Unha pasada actividade nas Escolas do Xardín, escenario desta nova iniciativa
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Carballo pon en marcha un novo programa de formación en lingua e cultura galegas para a segunda metade do ano 2026. A iniciativa inclúe actividades presenciais nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 10 de setembro. 

Haberá un curso de introdución á lingua e á cultura galegas, pensado para maiores de 16 anos que comezan desde cero ou contan con coñecementos básicos (especialmente para quen provén do exterior). Constará de 20 horas lectivas entre o 10 de setembro e o 7 de outubro, en horario de 10.30 a 11.30, e ofrecerá certificado de aproveitamento expedido pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

Outra actividade é un obradoiro de acollemento lingüístico, dirixido a adultos de fóra de Galicia para mellorar a comprensión e produción oral e escrita. Impartirase do 10 de setembro ao 17 de decembro, de 17.00 a 19.00 h, con dous grupos (iniciación e perfeccionamento) de 28 horas cada un. Ao final emitirase un diploma de participación do Concello.

Tamén se ofrecen clases para aspirantes a Celga. Serán sesións de preparación práctica de 12 horas para as probas oficiais da Xunt. Desenvolveranse do 10 de setembro ao 26 de novembro, de 19.00 a 21.00 horas, en dous grupos distintos.

Finalmente, Falarmos... nós será un espazo seguro de conversa en galego para persoas adultas. Cun total de 15 horas de duración, impartirase entre o 10 de setembro e o 17 de decembro de 11.30 a 12.30 horas, en grupos reducidos de dez participantes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620