Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Charla en Carballo sobre as oportunidades que ofrece a marca de calidade Castaña de Galicia

Será o xoves día 3 de setembro no Fórum e abordará unha visión global das posibilidades produtivas e comerciais vinculadas ao cultivo do castiñeiro

31/08/2026 19:01
Este ano a chegada do produto adiántase pola calor
AIG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Fórum Carballo acollerá este xoves 3 de setembro, ás 18.00 horas, unha xornada dedicada á marca de calidade IXP Castaña de Galicia, na que se ofrecerá unha visión global das posibilidades produtivas e comerciais vinculadas ao cultivo do castiñeiro.

A sesión terá un carácter eminentemente práctico, e permitirá coñecer toda a cadea de valor da castaña, desde a planificación e posta en marcha dunha plantación ata a comercialización, a industrialización e os mercados.

Entre os contidos previstos figuran a propia Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, a gama de produtos existentes, os circuítos de venda, as posibilidades de industrialización, os mercados e os diferentes modelos de xestión. 

Tamén se abordarán aspectos fundamentais para as persoas interesadas en iniciar ou mellorar unha plantación de castiñeiros, como as variedades priorizadas, os polinizadores, as condicións do solo, a orientación e o marco de plantación, así como as principais enfermidades e pragas e os programas de loita existentes.

A parte máis técnica incluirá recomendacións sobre o proceso de repoboación, desde o desbroce, a preparación do terreo e o replanteo ata a propia plantación, coa elección de portaenxertos e variedades en función dos obxectivos de cada explotación. 

Tamén se tratarán cuestións como o peche perimetral das parcelas, o rego, a fertilización e outros coidados necesarios para favorecer un correcto desenvolvemento das plantacións.

Deste xeito, a actividade pretende achegar información útil tanto ás persoas que xa traballan neste ámbito como a propietarias de terreos ou persoas interesadas en explorar o castiñeiro como alternativa produtiva, incidindo tamén nas posibilidades de obter maior valor engadido a través da calidade certificada, da transformación e da comercialización.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620