Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Regueira reivindica o turismo MICE como motor de desestacionalización e xeración de valor para toda a provincia

O vicepresidente de Deputación participou na IV Noite de Embaixadores A Coruña MICE, onde entregou o Premio Embaixador 2026 ao xefe de neumoloxía do Chuac, Pedro Marcos

Regueira (i,) facendo entrega da distinción a Pedro Marcos, xefe de neumoloxía do Chuac
Regueira (i,) facendo entrega da distinción a Pedro Marcos, xefe de neumoloxía do Chuac
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, participou na IV Noite de Embaixadores A Coruña MICE, unha cita de ámbito nacional organizada por A Coruña Convention Bureau para recoñecer o traballo das persoas e entidades que contribúen á captación e promoción de congresos, reunións e eventos profesionais na cidade e na provincia. 

Durante o acto, Regueira foi o encargado de entregar o Premio Embaixador A Coruña MICE 2026 evento nacional a Pedro Marcos, xefe de neumoloxía do CHUAC, nunha noite na que tamén participaron a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o presidente da Coruña Convention Bureau, José Blanco, xunto con representantes do sector turístico, empresarial e institucional.

“O turismo MICE non é unha moda, senón unha estratexia de desenvolvemento económico, desestacionalización e xeración de valor engadido”, sinalou Regueira, que puxo en valor a evolución experimentada pola Coruña nos últimos anos e o papel de A Coruña Convention Bureau na profesionalización da captación de eventos e na promoción do destino nos mercados nacional e internacional. 

O vicepresidente afirmou tamén que a aposta polo turismo de congresos non debe limitarse á cidade da Coruña, senón que debe servir para poñer en valor o conxunto da provincia, conectando a actividade MICE coa oferta turística dos diferentes xeodestinos. Neste sentido, destacou o compromiso da Deputación co sector a través das súas liñas de apoio á mellora da calidade e competitividade turística, así como das axudas destinadas a entes de xestión, asociacións e entidades vinculadas á promoción turística e MICE.

O representante provincial apostou ademais por un modelo de turismo MICE sostible, de calidade e compatible co benestar da poboación residente, baseado no crecemento ordenado, na desestacionalización e na distribución territorial da actividade. Aludiu tamén a importancia de seguir mellorando as conexións da provincia e de facilitar a chegada de profesionais aos eventos, ao tempo que apostou por avanzar na internacionalización do destino, diversificar mercados e continuar profesionalizando a cadea de valor vinculada ao turismo de congresos.

“A Coruña e a súa provincia contan cunha identidade propia, unha oferta singular e unha capacidade demostrada de acoller eventos de alto nivel”, sinalou, polo que defendeu seguir traballando de maneira coordinada para consolidar o territorio como destino MICE de referencia no noroeste peninsular.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620