Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Dúas exposicións reuniron arte e público esta fin de semana en Carballo

'La mia solitudine', de Rosario Cambón López no Estudo Garabato e e José Suárez, con 'O Anllóns, entre raíces e lembranzas', nas Escolas do Xardín

Garabato exposicion  (3)
Inauguración da mostra de Rosario Cambón
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

 Carballo viviu esta fin de semana dúas citas coa arte que reuniron numerosos asistentes arredor da pintura e da creación local.

O sábado inaugurouse en Estudo Garabato a exposición La mia solitudine, de Rosario Cambón López (ALAGOA), nun encontro no que amigos e familiares acompañaron á autora. Durante a presentación, Cambón explicou o concepto da mostra e compartiu a historia persoal que hai detrás das obras; cada unha delas está vinculada a un momento ou lugar importante da súa vida e non foi creada especificamente para esta exposición. 

A artista falou tamén da figura do seu pai, da chegada da acuarela á súa vida e da importancia que teñen para ela os lugares e as paisaxes. Nas súas obras aparecen especialmente bosques, humidais, elementos vexetais e, sobre todo, as brumas e atmosferas da natureza. 

Nos últimos anos a súa pintura foi gañando liberdade, deixando atrás parte do control técnico para permitir que a auga, o pigmento e o propio azar da acuarela participen no resultado. 

Este domingo foi a quenda de José Suárez (JSua), coa exposición 'O Anllóns, entre raíces e lembranzas', que congregou un numeroso público na Escola do Xardín carballés, na Agra de Caldas, ata o punto de que o espazo resultou pequeno para acoller aos asistentes. 

Garabato exposicion  (4)
José Suárez e Mon Lendoiro, la inauguración nas Escolas do Xardín
Cedida

A mostra está dividida en dúas salas: a principal dedicada ao río Anllóns e a segunda ás paisaxes de Baldaio e aos camiños de Bergantiños. 

Reúne 30 obras, quince dedicadas a un pequeno tramo do Anllóns, entre O Bosque de Carballo e Verdes, e outras quince centradas nas dunas de Razo e Baldaio e no territorio bergantiñán. 

A inauguración contou coa intervención do comisario, Mon Lendoiro, seguida das intervencións das dúas madriñas da exposición: Lucinda Andrade, representando O Bosque, e Loli España, por Baldaio. 

Pechou o acto o propio artista, José Suárez, antes da actuación de Quercus Blues. A exposición parte dunha mirada íntima sobre o territorio e sobre as lembranzas que os lugares son capaces de gardar. E, como lembra o propio proxecto, o Anllóns seguirá sendo motivo de pintura: porque un río cambia coa estación, coa luz, coa chuvia e co paso do tempo, pero tamén cambia a nosa maneira de miralo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620