Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Daniel Pérez | “Temos o referendo do traballo feito en Carballo e un futuro por diante ilusionante”

Horizonte Mayo 2027 | O alcalde de Carballo desde hai un ano fai balance da súa etapa a cargo do Concello e aborda os retos futuros dun municipio en plena transformación

Daniel Pérez, alcalde de Carballo polo BNG
Daniel Pérez, alcalde de Carballo polo BNG
Mar Casal
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Daniel Pérez (Coristanco, 1977) cumpre un ano a cargo da alcaldía de Carballo tras suceder a Evencio Ferrero, que deixou o cargo despois de 22 anos como alcalde. Unha substitución que, asegura, se produciu con “normalidade” e que lle permitiu dar continuidade a un proxecto político que agora afronta un período decisivo, coa transformación urbana que traerán os fondos europeos a menos dun ano das municipais de 2027.

Como viviu o primeiro ano como sucesor de Evencio Ferrero?

Foi un ano moi intenso, pero síntome moi ben. Houbo un período de adaptación lóxico cando hai un cambio de responsabilidade como o que asumimos, pero ao estar xa dentro do goberno sabiamos máis ou menos o que tiñamos que facer. A nivel persoal si que me influíu ese cambio de responsabilidade, pero tomeino con moitísimas ganas e ilusión e, sobre todo, apoiado por un grupo humano que fai todo moito máis fácil. O balance deste primeiro ano é moi positivo, tanto a nivel persoal como na responsabilidade da alcaldía.

Cambioulle moito a rutina?

Antes era ao mesmo tempo deputado no Parlamento e concelleiro de Deportes e Participación Veciñal. Eran responsabilidades moi esixentes e había días nos que saía ás sete da mañá e non volvía á casa ata as dez da noite. Creo que agora estou máis tempo na casa que antes.

Despois de 22 anos con Evencio Ferrero na alcaldía, como percibiu a resposta dos carballeses ao cambio?

Creo que a palabra é normalidade, e nun sentido moi positivo. Despois da substitución dunha persoa co carisma e co peso político, persoal e social que ten Evencio, en Carballo tomouse dunha maneira natural. Os veciños viron que a actividade do goberno seguía sendo a mesma, que todo seguía saíndo adiante, que hai novos proxectos e oportunidades que se aproveitan para mellorar a vida da xente. Percíbese a continuidade dun proxecto que xa era positivo.

A substitución dunha persoa co carisma e co peso político, persoal e social que ten Evencio, tomouse dunha maneira naturalDaniel Pérez

Cal foi o seu maior reto neste primeiro ano?

Precisamente a continuidade. Conseguir que esa actividade diaria do Concello e esa busca constante por mellorar sexan percibidas pola xente e, ademais, que se poidan medir. Hai proxectos importantes que están cristalizando, como os vinculados aos fondos europeos ou o edificio de entidades sociais, para o que conseguimos o financiamento da Fundación Amancio Ortega. E tamén era importante manter as actuacións nas parroquias, que sentisen que se seguía traballando para mellorar a súa vida. Ese era o reto que me puxen neste primeiro ano e creo que se conseguiu.

Os fondos europeos van permitir unha importante transformación urbana. Que vai supoñer para os veciños?

Estou seguro de que van mellorar as súas condicións de vida diaria. Estes fondos son froito dun traballo previo que nos permitiu acceder a eles nunhas condicións idóneas. Van financiar proxectos que xa estaban enriba da mesa e contemplados na Axenda Urbana, pero que sen esa inxección de cartos de Europa tardarían moito máis en cristalizar. Cos fondos europeos e coa achega da Fundación Amancio Ortega imos acelerar ese proceso de transformación constante de Carballo.

Carballo é dos poucos municipios da bisbarra que gaña poboación. Como explica ese crecemento?

Dende 2003, cando entrou a gobernar o BNG, Carballo gañou máis de 3.000 habitantes. Non é unha subida brutal, pero si constante, e iso reflicte que Carballo é un sitio no que apetece vivir, que conta con bos servizos, con actividades e con moito dinamismo económico. Está moi ben situado: podes traballar na Costa da Morte ou na Coruña. É un lugar idóneo para vivir, formar unha familia ou gozar de actividades que noutros sitios non vas ter. Ademais, temos un dinamismo empresarial moi potente e xerador de emprego.

Ese crecemento tamén está a influír no prezo da vivenda. Carballo agora mesmo está cos alugueiros disparados, por exemplo.

O problema da vivenda non é exclusivo de Carballo, é un problema a nivel galego e do Estado. Aquí, por sorte, seguimos mantendo certa racionalidade nos prezos. É certo que subiron os alugueiros e o prezo da vivenda, pero aínda non se equiparan aos doutras cidades. O Concello ten moi poucas competencias nesta materia, pero estamos traballando para contar con datos: saber canta vivenda baleira hai, en que estado está e cal é a tendencia do mercado inmobiliario. A partir dese diagnóstico poderemos buscar, xunto coas administracións competentes, solucións habitacionais.

El alcalde carballés en el jardín municipal
El alcalde carballés en el jardín municipal

Outro dos problemas é o transporte público.

Certo. Levamos tempo comunicándolle a Mobilidade da Xunta que existe un problema clarísimo en Carballo e en toda a Costa da Morte. Non contamos cun sistema de transporte público colectivo que permita prescindir do coche particular, nin para traballar nin para estudar na Coruña ou Santiago. As frecuencias son escasas e moitas veces os autobuses chegan da Costa da Morte, paran en Carballo e xa non quedan prazas. A Xunta ten que entender que cambiou a forma de moverse da xente, sobre todo da xente nova. Moitos prefiren utilizar o transporte público, pero hai que ofrecerlles un servizo de calidade.

E no rural a situación é aínda máis complicada.

Non é que sexa moi complicado, é que é imposible. Eu son de Silván e, cando era máis novo, para moverme desde a miña aldea a Carballo a única opción era esperar a que pasase o autobús pola recta de Rus ou que alguén me levase en coche. Desgraciadamente, iso non cambiou moito nos últimos 40 anos.

A circunvalación leva anos pendente. Confía en que desta vez chegue a executarse?

Espero que si, pero estamos falando dunha débeda histórica da Xunta con Carballo. É certo que hai avances, pero a experiencia invítanos a ser prudentes. Alfonso Rueda manifestou que tanto a ampliación do polígono como a circunvalación estarían moi avanzadas en execución para 2028. Moito teñen que acelerar. A circunvalación é unha necesidade absoluta para quitar o tráfico pesado da vila, aumentar a competitividade das empresas do polígono e comunicar Carballo ao mesmo nivel que outras vilas galegas do seu tamaño.

É certo que subiron os alugueiros e o prezo da vivenda, mais aquí, por sorte, seguimos mantendo certa racionalidadeDaniel Pérez

Temén está pendente a ampliación do polígono. Pode Carballo perder empresas se continúa atrasándose?

Iso é unha realidade. Neste momento non hai nin un só metro ofertable de solo industrial. Hai empresas que queren instalarse en Carballo e non poden porque non hai solo. Son oportunidades perdidas de xeración de emprego, de crecemento do parque empresarial e de aumento da competitividade. O noso concello, e quizais toda a comarca, depende de que esa ampliación sexa unha realidade canto antes.

Entre os proxectos de futuro está tamén a Cidade Deportiva. En que punto se atopa?

A Cidade Deportiva é unha necesidade constatada polo tecido asociativo deportivo. O crecemento da práctica deportiva foi exponencial e, aínda optimizando todas as instalacións que temos, é necesario dar un paso máis. A Cidade Deportiva non serán só edificios e instalacións, senón tamén zonas ao aire libre que conecten o casco urbano coa zona do bosque, con espazos de esparexemento, rutas ou calistenia. Estamos na fase de expropiación, que pode xerar protestas perfectamente comprensibles, pero a actuación faise pensando nun ben colectivo. Para financiala buscaremos recursos propios, pero tamén achegas doutras administracións.

Como afronta esta recta final do mandato?

Temos que seguir traballando con normalidade e, cando corresponda, preparar unhas eleccións municipais que van ser apaixonantes e ilusionantes. Hai un proxecto que queremos que continúe, queremos seguir medrando e contribuíndo a que Carballo continúe nese proceso de transformación constante. Temos o referendo do traballo feito, pero sobre todo o traballo que estamos facendo e un futuro por diante absolutamente ilusionante.

Máis aló da persoa que o encabece, hai un proxecto que debe continuar porque tivo un efecto moi positivo en CarballoDaniel Pérez

Aínda non é oficial quen será o candidato do BNG. Gustaríalle continuar encabezando este proxecto?

No BNG temos moi claro que esas decisións se toman nos órganos de participación da militancia. O proceso está en marcha e proximamente haberá reunións para determinar quen é o candidato ou candidata. O que teño claro é que, máis aló da persoa que o encabece ou sexa a cara visible, hai un proxecto detrás que debe continuar porque tivo un efecto moi positivo en Carballo nos últimos 23 anos e a nosa idea é seguir transformando Carballo.

O obxectivo para 2027 é manter a maioría absoluta?

Ese debe ser o obxectivo. Temos ideas e temos que ter capacidade para levalas a cabo. Neste momento temos 13 concelleiros e mantivemos nas diferentes eleccións unha subida constante. A idea é manter esa maioría absoluta que nos permita despregar as políticas que temos para facer que Carballo siga sendo un bo lugar para vivir.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620