Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

O deportivista Miguel Loureiro volveu o CPI O Cruce, o colexio onde fixo a ESO

Visitou clases, firmou camisetas e participou nunha charla no auditorio

O futbolista cos nenos e nenas do colexio no auditorio municipal
O futbolista cos nenos e nenas do colexio no auditorio municipal
Nel Vidal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Miguel Loureiro, futbolista natural de Cerceda e que está destacando no Deportivo da Coruña, visitou o pasado martes o que foi o seu centro escolar cando estudou a ESO: o CPI Plurilingüe O Cruce, de Cerceda.

 Alí, o defensa sorprendeu aos máis pequenos cando estaban a rematar a súa última clase do día, pois entrou en varias aulas de Primaria para saudar e responder algunhas preguntas espontáneas.

 Despois dirixiuse ao Auditorio municipal, onde un alumno de 2º da ESO, Roi Rama, fixo unha completa presentación sobre el para, a continuación, darlles paso ás súas compañeiras Patricia Santos, Carmen Rey, Daniela López e Ainhoa Della-Casa, do mesmo curso e que guiaron unha interesante conversa co xogador. 

Miguel Loureiro (A Abeleira, Rodís, Cerceda, 1996) fixo a ESO no CPI O Cruce. No mundo do fútbol é un exemplo de superación e un trotamundos. 

Comezou de pequeno nas Escolas Luís Calvo Sanz de Carballo e pasou polo Deportivo, Bergantiños, Celta, Pontevedra, Córdoba, Andorra, Rácing de Ferrol e Huesca, antes de regresar á que considera a súa casa, o Deportivo da Coruña, no que está a vivir o seu mellor momento futbolístico como titular e loitando por ascender á Primeira División. 

Loureiro faloulles ás nenas e nenos do CPI O Cruce de fútbol, por suposto, pero tamén da importancia da formación (el ten estudos universitarios), de disciplina, de diversión, de lingua, de identidade… 

Entre outras cousas, por exemplo, tamén comentou e aplaudiu a decisión do Deportivo de actualizar o seu nome e pasarse a chamarse oficialmente “Deportivo da Coruña”, en galego (algo que previsiblemente fará neste mes de maio), ou o maior uso público da lingua propia por parte do club como algo fundamental para achegarse á xente e identificarse coa terra. 

Deulles ás rapazas e aos rapaces uns cantos consellos, mais tamén recibiu outros para poder ascender a Primeira División por parte dalgúns dos alumnos e alumnas que esta tempada tamén acadaron o ascenso co Clube Atlético Cercedense cadete masculino e sénior feminino. 

E, como é normal, non puido marchar sen antes ter que facerse ducias de fotos e de asinar camisetas, balóns ou incluso móbiles.

Loureiro cos rrepresentantes do alumnado do CPI O Cruce que mantiveron unha conversa con el
Loureiro cos rrepresentantes do alumnado do CPI O Cruce que mantiveron unha conversa con el
Nel Vidal
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620