Preto de 500 nenos participaron nunha nova edición do Día do Pequebasket
O bo tempo permitiu a Escola Basket Xiria compatibilizar o uso do pavillón Carballo Calero cos espazos exteriores

Carballo volviu a vivir este domingo a gran festa infantil do Pequebasket, que como é habitual coincidiu cunha nova xornada de reivindicación das Letras Galegas.
O evento chegou este ano a súa duodécima edición e fixoo, como non, da man da Escola Basket Xiria, que volveu a contar co apoio do Concello de Carballo, da Secretaría Xeral para o Deporte e da Federación Galega de Baloncesto.
A proposta lúdica e de convivencia motivou a resposta de preto dunha trintena de clubes de distintas localidades galegas, que acabaron desplazando ata Carballo a un total de 483 rapaces con idades comprendidas entre los 5 e os 8 anos.
Para que todos eles puidesen desfrutar do seu deporte favorito, dispuxeronse sete pistas de xogo, parte delas no interior do pavillón Bergantiños e o resto no patio do colexio do mesmo nome.
O tempo acompañou polo que puidose manter o uso dos espazos exteriores previstos, nos que tamén se acondicionaron zonas lúdicas e recreativas a base de inchables e xogos populares.
Polo que respecta a actividade deportiva, comezou arredor das 10.30 da mañán e prolongouse ata as 17.30 horas para facilitar que os participantes de máis lonxe puideran chegar as súas casas a unha hora prudencial.
Como vén sendo habitual, nos centos de partidos que se xogaron nas distintas pistas habilitadas non funcionaron os marcadores porque a actividade non busca fomentar o espírito competitivo senón favorecer a diversión e a convivencia, obxectivos que se conseguiron unha vez máis.
A este novo éxito organizativo da Escola Basket Xiria, que co XII Día do Pequebasket puxo o broche de ouro a unha tempada histórica, contribuiron decisivamente os 60 voluntarios movilizados.











