Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

O Calvo Xiria terá catro rivais canarios e doce galegos na Primera Nacional 2026-2027

Os carballeses empezan a liga o 19 de setembro en Gran Canaria pero o 16 de agosto arrincan na Copa en Cangas diante do Automanía Luceros

O sénior masculino volviu aos adestramentos o pasado luns
O sénior masculino volviu aos adestramentos o pasado luns
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Calvo Xiria pon en marcha a temporada 2026/2027. O senior masculino estrea a competición oficial o 16 de agosto nos cuartos de final da Copa Galicia, en Cangas. 

Por diante, unha Primeira Nacional ‘A’ de dezaséis equipos que levará ao equipo de Carballo a Gran Canaria, Lanzarote e Tenerife entre as ubicacións de fóra de Galicia.

O senior masculino comezou a adestrar este luns, día 3 de agosto, mentres que o senior feminino iniciará oficialmente os adestramentos a vindeira semana ainda que xa tocaron pista dende o dia 22. 

Por diante quedan semanas de carga física, axuste de sistemas e integración dos xogadores e xogadoras que soben desde a canteira.

O conxunto masculino estrea os partidos oficiais o 16 de agosto en Cangas, nos cuartos de final da Copa Galicia fronte ao Automanía Luceros: apenas dúas semanas despois do primeiro adestramento, un billete para as semifinais en xogo. 

Un test esixente que servirá, ademais, como primeira medición real de cara ao arranque liguero.

A competición ligueira

A Primeira Nacional ‘A’ 2026/2027 reúne dezaseis equipos: doce galegos e catro canarios. 

Galicia achega a columna vertebral do grupo, con nove representantes da provincia de Pontevedra —A Cañiza, Bueu, Luceros, Lalín, Porriño, Novás, Teucro, Carballal e o recén ascendido Poio —, dous da Coruña —Carballo e Culleredo— e un de Ourense —Ribadavia—.

Ao outro lado do Atlántico agardan os catro conxuntos do arquipélago: Gáldar e Ingenio (Gran Canaria), Lanzarote Ciudad de Arrecife (Lanzarote) e Tacoronte (Tenerife). 

Catro desprazamentos aéreos que condicionan a planificación deportiva, loxística e económica de toda a tempada, e que converten esta categoría nun dos escenarios máis esixentes do balonmán estatal fóra das categorías profesionais.

O calendario non concede período de adaptación. As tres primeiras xornadas son fronte a equipos que aspiran a estar no máis alto da táboa: Gáldar Gran Canaria (na casa o 19 de setembro), Lanzarote (fóra o 26 de setembro) e Carballal (na casa o 3 de outubro).

E outubro non afrouxa. O club afronta dúas saídas de alto voltaxe en apenas dúas semanas: o derbi co Culleredo (día 10) e o choque co campión ligueiro da pasada tempada, O Rosal (día 24), 

Que ambos os dous encontros caian a domicilio nesta primeira volta esixe arrancar a temporada cun bo ritmo competitivo dende a primeira xornada.

Na liga os carballeses competirán contra catro equipos canarios e dezaseis galegos
Na liga os carballeses competirán contra catro equipos canarios e dezaseis galegos
Cedida

O sénior feminino

O senior feminino afronta unha campaña chea de retos cun plantel moi novo, resultado dun traballo de base sostido no tempo. 

A referencia está posta: a pasada temporada o equipo acadou a disputa da Final 4, froito do esforzo continuado e ascendente ao longo da campaña. 

Manter esa liña de progresión cunha rolda tan xuvenil non é un obxectivo menor. 

É, precisamente, o reto do curso: consolidar o crecemento das xogadoras que xa demostraron poder competir ao máis alto nivel autonómico e darlle continuidade a un bloque chamado a marcar os próximos anos do club. 

Comezarán a competición de Copa Galicia encadradas no grupo D, a fin de semana do 13 de setembro fronte ao Seguros M.Bieito Bm. Xallas en Carballo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620