Abertas as inscripcións para a XI Carreira Popular Dolmen de Dombate
A posibilidade de anotación pecharase o 16 de setembro

O Concello de Cabana de Bergantiños abriu o prazo de inscricións para a XI Carreira Popular Dolmen de Dombate, que se celebrará o vindeiro 19 de setembro.
A proba forma parte do XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña 2026.
Para as categorías absoluta 3K, sub 14, sub 16 e sub 18, a distancia será de 3 quilómetros.
Para as categorías sub 10 e sub 12, de un quilómetro.
No caso da categoría pitufo/biberón será de 300 metros. Por último, a proba de maior distancia, de 10 quilómetros, estará aberta para corredores sub 20, sub 23, sénior e máster.
Os tres primeiros clasificados recibirán trofeo e medalla, mentres que nas categorías sub 12 e inferiores haberá medalla todos os participantes.
As inscricións efectuaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com.
No caso dos menores de idade, poden facelo ou ben a través da plataforma ou presentando un formulario de inscrición de xeito presencial nas dependencias municipais. Neste caso, deberán achegar unha autorización dos pais, nais ou titores legais.
Todas as inscricións son gratuítas eo prazo para formalizalas rematará o 16 de setembro.
A Carreira Popular Dolmen de Dombate é unha das probas deportivas de referencia na Costa da Morte. Ademais de contribuir a unha vida activa e saudable, tamén busca difundir a importancia do xacemento arqueolóxico que lle da nome á carreira.











