Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

O UC Cee é un dos cinco clubes de Galicia con equipos femeninos competindo en todas as categorías

O clube conta cun total de 91 xogadoras que conforman dous conxuntos alevíns femininos, ademais de ter representación nas categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior

O equipo sénior feminino do UC Cee
O equipo sénior feminino do UC Cee
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620v2
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Unión Club Cee é unha das entidades de referencia do fútbol femenino galego. O club ceense forma parte do reducido grupo de tan só cinco clubs de Galicia que contan con equipos femininos en todas as categorías de formación e competición: alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior, un fito que pon de manifesto o firme compromiso da entidade co desenvolvemento do deporte feminino. 

A estrutura feminina do club é un exemplo de crecemento sostido e de aposta decidida pola canteira. Na actualidade, o Unión Club Cee conta cun total de 91 xogadoras que conforman dous equipos alevíns femininos, A e B, ademais de equipos nas categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior, permitindo que as xogadoras poidan desenvolver toda a súa traxectoria deportiva dentro da mesma entidade, desde os seus primeiros pasos ata a categoría absoluta. 

Referente a nivel galego

Este proxecto converte ao Unión Club Cee nun referente non só na Costa da Morte, senón tamén na provincia da Coruña e en toda Galicia, sendo un modelo de traballo para moitas outras entidades deportivas. 

A continuidade da formación feminina dentro dun mesmo club constitúe un dos piares fundamentais para seguir impulsando o crecemento do fútbol practicado por mulleres. Aínda que o principal motivo de orgullo neste momento é a consolidación da súa sección feminina, este éxito susténtase tamén nunha sólida estrutura deportiva global. 

Na actualidade, o Unión Club Cee conta cunha das canteiras máis amplas da comarca, con equipos en todas as categorías do fútbol base masculino-mixto: un equipo biberón, dous equipos prebenxamíns (A e B), dous equipos benxamíns (A e B), dous equipos alevíns (A e B), dous equipos infantís (A na Liga Preferente e B na Costa), un equipo cadete, un equipo xuvenil e un equipo sénior masculino. 

Esta ampla representación deportiva permite que decenas de nenos, nenas e mozos da vila de Cee e de toda a comarca atopen no club un espazo para medrar tanto deportiva como persoalmente, promovendo valores como o esforzo, o compañeirismo, o respecto e o traballo en equipo. 

O crecemento experimentado pola entidade durante os últimos anos é froito do esforzo conxunto de xogadores e xogadoras, adestradores, directivos, familias, patrocinadores e colaboradores, que contribuíron a converter ao Unión Club Cee nunha referencia dentro do fútbol galego femenino. 

Os outros catro referentes

Contar con equipos femininos en todas as categorías e formar parte do reducido grupo de cinco clubs galegos (Victoria C.F., Orzán S.D., U.D. Mos e Lóstrego C.F).) que poden presumir deste logro constitúe un recoñecemento ao traballo realizado e, ao mesmo tempo, unha responsabilidade para seguir avanzando. 

O Unión Club Cee demostra cada tempada que a aposta pola formación, a igualdade de oportunidades e o talento local é a mellor garantía para construír un proxecto sólido e con futuro. Dende a base ata a categoría sénior, o Unión Club Cee continúa escribindo unha historia de crecemento que o sitúa como un dos grandes referentes do fútbol feminino galego e como un orgullo para toda a Costa da Morte.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620