Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fisterra

Carlangas e Coco María, no festival Comarea de Muxía

Será no mes de decembro, con concertos de pago o día 7 no Lago-Mar e outros gratuitos na localidade

Festival Comarea na pasada edición
Festival Comarea na pasada edición
Cedida

O Festival Comarea, que se celebrará en Muxía entre os días 4 e 7 de decembro, xa ten cartel para esta nova edición. Carlangas, Coco María, Carabela, Bonita & Sabrosa, Raz & Afla e Zars B son algúns dos nomes que conforman a nosa proposta deste ano. As entradas sairán á venda o próximo luns 27 de outubro a partir das 12.00 horas. Os concertos de pago celebraranse no camping Lago Mar de Muxía o 7 de decembro.

 Ademais de música, o festival contará con faladoiros, obradoiros e outras moitas actividades que terán lugar en distintos espazos da vila entre o 4 e o 7 do mesmo mes. Nos concertos gratuitos actuarán o grupo vigués Antela, a banda Balklavalhau, nacida nunha taberna do Porto; Skanderani Band, un cuarteto da Estrada; e o home orquesta Pulpiño Viascón. 

O festival naceu no 2015 coa intención de desestacionalizar a oferta cultural e musical, xerando experiencias culturais de calidade tamén fóra do verán e das grandes cidades. Comarea é un festival desestacionalizado, interxeracional que aposta por diversos estilos musicais, como o folk, funk, electrónica ou músicas do mundo, entre outras, que fará gozar en Muxía desta nova cita musical.