Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fisterra

A RAG reflexiona en Muxía sobre o futuro da tradición oral

No parador de Muxía celébrase este sábado o Simposio das Letras Galegas

Eva Castiñeira, cantareira de Muxía homenaxeada nas Letras Galegas
Eva Castiñeira, cantareira de Muxía homenaxeada nas Letras Galegas
Pablo Quintana
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

A Real Academia Galega (RAG) celebra hoxe no parador de Muxía o Simposio das Letras Galegas das cantareiras e da poesía popular oral, onde distintos especialista farán balance da conmemoración e reflexionarán sobre as perspectivas de futuro da tradición. A xornada rematará coa músicas das Abaladeiras de Muxía, de onde era natural Eva Castiñeira, unha das sete mulleres homenaxeadas este ano.

 O presiente da RAG, Henrique Monteagudo, será o encargado e inaugurar o acto, xunto á académica María López-Sández, que intervirá en nome do equipo que organizou a xornada, do que tamén forman parte os académicos Víctor F. Freixanes e Antón Santamarina, coautor do Cancioneiro popular galego da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth. Tamén intervirán o secretario xeral da Lingua, Valentín García; e o alcalde de Muxía, Javier Sar. 

O primeiro relatorio será o da etnomusicóloga Xulia Feixoo, titulado ‘O ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas’. Deseguido intervirá o musicólogo Sergio de la Ossa con ‘Letra en música: o cancioneiro popular galego’. A partir das 12.30 horas, a profesora Branca Villares e o investigador Domingo Blanco compartirán una mesa redonda con Xulia Feixoo e Antón Santamarina, de moderador.

 Pola tarde, ás 16.00 horas Manuel Rico impartirá a conferencia sobre melodías tradicionais e seguirá unha mesa redonda cos músicos Xabier Díaz e Richi Casás, e a técnica Isabel Vigo, que farán un balance das Letras Galegas e falarán sobre as perspectivas de futuro da tradición oral. Estará moderada pola académica Ana Boullón.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara