Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fisterra

Concurso de mónologos, fútbol e Letras Galegas enchen o mes de maio no Cámping Lago-Mar de Muxía

Os días 8 e 15 de maio serán as semifinais do Concurso de Monólogos 

Un concerto no Camping Lago-Mar de Muxía
Un concerto no Camping Lago-Mar de Muxía
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Cámping Lago-Mar de Muxía dará a benvida a primavera por todo o alto cunha grande programación para o mes de maio. Será un mes especial no que ademais da programación habitual de concertos e obradoiros haberá eventos sinalados. 

A axenda inclúe a segunda edición do Concurso de Monólogos, un Día Especial de Fútbol pola final da Copa da Costa, mais un recital poético polo Día das Letras Galegas, entre outras moitas actividades. O Cámping Lago Mar reabriu as súas portas o pasado 27 de marzo para a tempada 2026 renovando a súa aposta por se converter nun espazo cultural na Costa da Morte. 

O cámping sitúase aos pés da praia de Lago, en Muxía, nunha contorna natural de gran beleza. Conta con aloxamentos con todas as comodidades e para todos os gustos: bungalows, mobile homes e parcelas para tendas de campaña ou furgonetas e autocaravanas. Ademais de restaurante e zona de bar con terraza, piscina, pista de tenis, e acceso directo á praia, entre outros servizos.

Para participar no Concurso de Monólogos, que tivo un grande éxito o pasado ano, os interesados aínda se poden anotar ata o 30 de abril. Na primeira edición Demelsa Marcote de Camelle resultou gañadora, e moi preto quedaron a fisterrá Alba Castro, o camellán Luís Baña, e o do Pino Tino Barros. Nesta ocasión as semifinais serán os días 8 e 15 de maio ás 21:00 horas, con 4 participantes en cada xornada; e o 23 de maio ás 21:00 horas celebrarase a gran final coas 4 persoas finalistas. As risas están máis que aseguradas nesta nova edición. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620