Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fisterra

Modesto Fraga inicia unha xira de presentacións do seu libro "Do amor salgado"

A primeira será este sábado 16 de maio na Librería Ler de Cee

El autor Modesto Fraga
O autor Modesto Fraga
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O autor fisterrán Modesto Fraga realizará unha serie de presentacións durante o mes de maio do seu libro "Do amor salgado", recentemente reeditado por Aira Editorial e a Fundación Ínsua dos Poetas. A primeira presentación será este sábado 16 de maio na librería Ler de Cee e contará coa participación de Juanma Abelleira Ronquete, autor das fotografías do poemario.

Este libro, escrito en 1996 en plena efervescencia creativa do Batallón Literario da Costa da Morte, cumpre tres décadas de vida e ve a luz agora nunha nova edición aumentada con dez textos inéditos e unha coda final da autoría do poeta Miro Villar, autor do limiar que xa figuraba na primeira edición.

"Do amor salgado", obra gañadora do IV Certame de Poesía O Grelo-Amigos de Galicia en 1996, converteuse axiña nunha obra de referencia da poesía galega dos anos 90, coincidindo coas actividades impulsadas polo Batallón Literario.

As seguintes presentacións do libro van ter lugar o venres 22 en Fisterra (Salón de actos, 19:30 horas), o sábado 23 en Corcubión (Bar A Gavilla, 12:30 horas) e o martes 26 en Santiago de Compostela (Libraría Couceiro, 19:30 horas).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620