Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fisterra

O BNG de Muxía reclama prazas de aparcamento para persoas con movilidade reducida

Denuncia a parálise do Goberno local e pide que se cumpra a moción aprobada por unanimidade da Corporación

Aparcamiento Muxia
O BNG reclama que se habiliten as prazas de aparcamento
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O BNG de Muxía denunciou a “parálise e desleixo” para habilitar prazas de aparcamento destinadas a persoas con mobilidade reducida, e urxe ao Concello que execute o acordado en pleno en novembro de 2024, cando foi aprobada por unanimidade unha moción da formación nacionalista na que se demandaba a creación destes espazos de estacionamento para a veciñanza vulnerable.

A formación nacionalista indicou que nos últimos meses volveron a insistir na necesidade de actuar, tanto en sesións plenarias como en reunións mantidas coa alcaldía.

 “Solicitamos que se executara dunha vez o aprobado, e ademais que se engadiran prazas de aparcamento temporal para as farmacias e outras de carga e descarga para os negocios”, afirmou a portavoz municipal do BNG, Mercé Barrientos”, que sinalou que “a todo se dixo que si, pero nada se fixo”. 

Barrientos engadiu que “os espazos reservados para aparcar diante do centro de saúde están borrados e son moi necesarios; tampouco hai aparcamentos para persoas con dificultade de mobilidade nos accesos á Casa do Concello e diante das oficinas bancarias, así como nas proximidades de vivendas de persoas que se sabe que necesitan este tipo de espazos”.

“En toda Muxía non hai sitios habilitados para que a xente con mobilidade reducida poida aparcar”, salientou a voceira do BNG de Muxía, que advertiu que “estamos ás portas do verán 2026 e seguen esperando, e a veciñanza e persoas responsables de negocios de hostalaría están enfadados, con toda a razón”. "Non é comprensible a parálise na execución de algo tan sinxelo e tan necesario", engadiu. 

Desde o BNG subliñaron que asociacións como Íntegro que veñen reclamando que se cumpra a Lei de accesibilidade de Galicia, que establece a obrigatoriedade de habilitar prazas de estaciomento permanentes, e o máis cerca posible de pasos peonís, para persoas con mobilidade reducida.

Os nacionalistas lembraron que desde o sector hostaleiro de Muxía estase a demandar que se creen este tipo de espazos preto dos negocios, o que contrubiría a fomentar un turismo inclusivo e sostible.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620