Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fisterra

Fisterra honra a Ramón Marcote no seu centenario 

Este sábado preséntase a edición facsimilar de "Historia de Galicia. Compedio" 

Modesto Fraga co alcalde de Fisterra e familiares de Ramón Marcote
Modesto Fraga co alcalde de Fisterra e familiares de Ramón Marcote
IG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O mercado cultural de Fisterra acolle este sábado 30 de maio (12.00 horas) a presentación da edición facsimilar de “Historia de Galicia. Compedio", de  Ramón Marcote, en conmemoración co seu centenario. Coa recuperación desta obra, publicada orixinariamente en La Habana en 1925, o Concello de Fisterra e a Biblioteca da Fisterranía pretenden saldar unha débeda histórica cun autor, Ramón Marcote, inxustamente esquecido pola historiografía literaria malia se tratar dun dos intelectuais máis sobranceiros da cultura galega do século XX na Galicia exterior. 

Ramón Marcote Miñarzo, nado en Sardiñeiro en 1880 no seo dunha humilde familia de labregos, emigrou a Cuba recén cumpridos os dezaoito anos e, malia a súa formación autodidacta, axiña se converterá nunha das figuras máis destacadas da colectividade emigrante. En 1905 é nomeado bibliotecario do Moi Ilustre Centro Gallego de La Habana, cargo que ostentará durante case cincuenta anos ata a súa morte. 

Amigo persoal de Manuel Curros Enríquez, entra en contacto con outras personalidades culturais da época e participa na fundación da Real Academia Galega (1906) como membro da Asociación Iniciadora e Protectora da RAG. Grande activista cultural, publica numerosos artigos na prensa e en revistas da época como “Vida Gallega”, “Galicia”, “Eco de Galicia”, Cultura Gallega” ou “Heraldo de Galicia”. 

Amigo persoal e grande admirador da obra do historiador Celso García de la Riega, co andar dos anos converterase nun dos meirandes divulgadores da tese do Colón Galego, impulsada a finais do século XIX polo polígrafo pontevedrés. Con esa finalidade, en 1920, bota a andar na cidade da Habana o Comité Pro Colón Español.

Agora, coa publicación da edición facsímile da súa obra máis representativa, "Historia de Galicia (Compendio)", como homenaxe no seu centenario, queren facer xustiza cun dos intelectuais máis importantes da cultura galega en América: o fisterrán Ramón Marcote. 

Desde a Biblioteca da Fisterranía agradecen á familia de Ramón Marcote Miñarzo por todas as facilidades que lles brindaron á hora de poder recuperar esta obra e poñela a disposición das xeracións actuais; á Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia polo seu valioso apoio e ao Concello de Fisterra por seguir traballando na recuperación e posta en valor dos nosos referentes culturais. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acudirá á súa presentación. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620