Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fisterra

A Semana da Arte volve ao cámping Lago Mar de Muxía, cun mes de xullo repleto de actividade

Artistas de diferentes disciplinas realizarán os seus traballos en vivo neste lugar entre o 6 e o 12 de xullo

Un concerto no Camping Lago-Mar de Muxía
Un concerto no Camping Lago-Mar de Muxía
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Semana da Arte regresa ao Cámping Lago-Mar de Muxía en xullo, nun mes cargado de programación con obradoiros, clases de ioga e pilates e moita música en directo. Na Semana da Arte artistas de distintas disciplinas crean a súa obra en vivo, polo que todas as persoas que visiten o cámping neses días poderán gozar dese proceso, coñecer aos artistas e mesmo levar algunha obra. 

O Cámping Lago-Mar xa está preparado para a tempada alta do verán na Costa da Morte e xullo vén ademais cargado de programación cultural. Concertos todas as semanas con nomes de dentro e fóra de Galicia; obradoiros variados, como un de iniaciación ao palillo coa Asociación de Palilleiras A Nosa Señora da Barca; e clases de ioga, pilates e mesmo un taller postural, forman parte da axenda para o mes. 

O Cámping Lago Mar está xestionado pola coopereativa cultural Horta Creativa, que ofrece un ambiente familiar e agradable onde pasar uns días tranquilos no medio na natureza, ademais de poder disfrutar de eventos e actividades, propoñendo tamén unha axenda cultural a toda a veciñanza da zona. Toda a información sobre os aloxamentos e servizos do camping pódese consultar na web: www.campinglagomar.es. Tamén se poden facer reservas a través do email info@campinglagomar.es.

Na semana do 6 ao 12 de xullo celebramos a Semana da Arte na que recibimos a artistas que pasan uns días con nós creando a súa obra en vivo. Quen veña polo cámping poderá gozar de ver o proceso de creación de artistas de distintas disciplinas, e mesmo de levar un bonito recordo. Se es artista e queres participar aínda podes inscribirte mandando un correo a mnogueira@hortacreativa.com.

Xullo vén con obradoiros bonitos ao Lago-Mar: O sábado 4 de xullo: obradoiro de creación de taburetes con Sara Riveira, no que aprenderemos a técnica tradicional de encordar taburetes con corda de algodón retorcida. As estruturas tamén están feitas por ela con madeira reciclada. O obradoiro son 75 euros con todos os materiais incluídos. Para participar e necesario facer unha prereserva facendo un bizum de 25€ ao teléfono 625035717 indicando o nome e "Camping LagoMar”. 

El cámping muxián | cedida
El cámping muxián | cedida
Varodron

O mércores 8 de xullo: obradoiro Mandala do Universo Da man de Lenita,no que cunha música relaxante debuxaremos as nosas mans dentro dun círculo no que escribiremos os nosos desexos e ofrendas. Será un espazo para estar en presenza con nós mesmxs. Para participar é necesario inscribirse en info@campinglagomar.es. O xoves 9 de xullo: obradoiro de iniciación ao palillo. 

Da man da Asociación de Palilleiras A Nosa Señora da Barca coñeceremos as bases desta arte arraigada na Costa da Morte e coa que confeccionar todo tipo de produtos textís. Unha oportunidade xenial para aprender coas que máis saben. O obradoiro son 10 euros por persoa e é necesario inscribirse en: info@campinglagomar.es.

Os domingos de xullo seguen os brunch e as clases de ioga ou pilates. As datas son: 5/07 flow pilates con Miriam Amado, 12/07 taller postural con Miriam Amado, 19/07 e 26/07 ioga con Miriam Lado. O prezo da actividade máis do brunch é de 28 euros e para participar hai que inscribirse en info@campinglagomar.es.

A axenda de concertos vén moi cargada en xullo. Arrancamos o 3/07 co compositor Rodrigo Ramos e as súa mestura de pop-rock íntima e cargada de matices e significados. O 4/07 o trío Valerie´s Site poñerá a bailar a máis dun na nosa terraza e máis movemento asegurado teremos o 5/07 con Cachorro.

O 7/07 viaxaremos a América profunda co blues e country folk de Blues Moonshiners. O 08/07 chegan Go Cactus dende as Illes Balears cun rock and roll directo e enérxico. Marió Boville visitaranos o 9/07, o fundador da mítica banda Alpargata virá coas súas letras e guitarra ao lombo. O 10/07 moveremos o corpo cos ritmos brasileiros de Sambadelia e as súas ricas sambas e bosanovas.

 O 11/07 dobre sesión: pola mañá espectáculo de Cé Orquestra Pantasma, todo alegría e creatividade cos seus instrumentos. E á tardiña montaremos unha boa foliada con Os catro de Santa Bieta. Seguimos o 12/07 partiremos de viaxe sonora e íntima con Kreze; e o 13/07 gozaremos e moveremos o corpo co rock and roll fusión de Caravananana.

 O 15/07 teremos ao gran Isi Vaamonde coa música vencellada ao Atlántico e fusión de folk-rock. Grandes éxitos na bonita voz de Diana Pombo o 16/07. O 17/07 chega Leo & K-Chafaz, o encontro explosivo entre Leo Alquimista e K-CHAFAZ, voces de Che Sudaka ao servizo do ska e rock latino dos 90, unha súper viaxe sonora. 

O 18/07 Pez Mago traerá unha recopilación dos temas máis recoñecidos da súa carreira nunha versión moi rítmica, e con Maruxa’s Show volveremos a temazos do soul, rhythm & blues e o rock clásico de Etta James, Janis Joplin ou Amy Winehouse. O 19/07 faremos unha viaxe introspectiva coa música e letras de Fito Mansilla, chea de historias, poesía e mensaxes potentes. Braian de Palma visitaranos o 20/07 coa súa voz e guitarra na man e unha enerxía que remove todo por dentro. 

O 21/07 teremos a Minguante, o dúo pop de autor formado por Miguel Alonso e Óscar Martínez. Claudio H. estará o 22/07 coa súa combinación de poesía, fusión e ritmos latinos, brasileiros, reggae, funk, jazz… todo nun directo imposible e explosivo. O 23/07 temos o rock brasileiro de Picanha de Chernobill, todo forza e enerxía.

 O 24/07 megullarémonos na proposta introspectiva e onírica de Gazella. E o 26/07 a forza e os ritmos latinos e folclóricos da cantautora Catherine Vergnes. O 30/07 gozaremos do pop saboroso de Anxo Araújo, que leva as cotas máis altas no seu último álbum. En xullo temos tamén dúas jam sessions: 27/28/29 de xullo con Jorge Lorre & Friends e o 31 con Turnes & The Five Cents Blues Cousins.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620