Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fisterra

Diego Calvo | “A Barca é máis que verbenas; é unha memoria construída durante séculos”

O autor do cartel da Romaría da Barca de Muxía escribe o significado deste encargo e o sentimento como veciño ante esta celebración popular tan arraigada

01/09/2026 12:00
Diego Calvo
Diego Calvo
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Diego Calvo Barros leva toda a vida ligado ao debuxo e á pintura, pero a súa traxectoria artística abriuse a mundos tan diferentes como a creación de criaturas, a caracterización ou os efectos especiais para o audiovisual, nos que chegou a participar en proxectos como un videoclip de Maluma

Formado tamén en Barcelona, este ano asumiu un encargo especialmente próximo e esixente: poñer imaxe á romaría da Virxe da Barca da súa Muxía natal. 

Como muxián, que significou recibir o encargo de deseñar o cartel da romaría da Barca? 

Desde logo foi unha gran sorpresa. Como veciño da vila, foi inevitable sentir dúas sensacións difíciles de separar: a ilusión por afrontar un proxecto ten importante e a dúbida e o temor ante a responsabilidade que implicaba. Non era un encargo que esperase nin que xamais chegara a formularme como tal, polo que o proceso creativo comezou de cero. O prazo total era dun mes e, ademais, atopábame fóra do país durante toda a primeira semana, polo que o tempo para comezar materialmente a obra era aínda máis reducido. Todo iso acrecentou a presión. Pero, por riba de todo, supuxo a oportunidade de contar unha celebración que forma parte da miña propia memoria como veciño. 

Por que decidiu non facer un cartel que só anunciase as festas, senón que contase a historia da romaría? 

Contar a historia que hai detrás da celebración, dar visibilidade á cultura dun pobo e á historia da propia festa, así como ás persoas que a mantiveron viva e axudaron a que trascendese, pareceume o máis apropiado para a ocasión. Porque a romaría é moito máis que os días de verbena. Antes que calquera programación xa existían a lenda, o santuario, a capela que o precedeu, as pedras, os peregrinos e toda unha memoria construída durante séculos. Quería que o cartel non se limitase a anunciar o que vai acontecer, senón que axudase a entender por que existe esta celebración e todo lo que hai detrás dela. 

“Para unha celebración tan arraigada, quería empregar unha técnica máis tradicional que achegase esa solemnidade”Diego Calvo Barros

O cartel está inspirado na estrutura dun retablo. Como xurdiu esta idea? 

A estrutura de retablo non foi a primeira das opcións, mais esta disposición acabou sendo indispensable por dúas importantes cuestións. Ademais de manter un diálogo co recordo do retablo maior perdido, a estrutura que proporcionaba permitía cohesionar de maneira orgánica os tres piares desta obra: a lenda a través da historia, o patrimonio e a identidade dun pobo, e propia programación, única para esta ocasión, sen que pareceran elementos aislados. Mantendo, ademais, unha función propia dos retablos tradicionais: concentrar nunha única composición unha historia construída a través de imaxes. 

Buscaba que fose un cartel que a xente puidese seguir lendo e descubrindo máis aló da propia programación das festas? 

Exacto. Quería crear unha obra para ler, descubrir e quizais conservar. Primeiro debía funcionar como unha imaxe e, ao achegarse, comezar a revelar os detalles. Desde lonxe percíbense as tres grandes masas da composición; despois aparecen os personaxes, os símbolos e os pequenos textos. A intención era que o cartel puidese ser visto, mirado e finalmente lido. 

Gran parte do cartel está feito a man e utilizou ademais auga do mar. Por que elixiu estas técnicas? 

Para unha celebración cunha tradición tan arraigada, quería empregar tamén unha técnica máis tradicional que achegase esa solemnidade. A manufactura e a elección medida das cores remiten ao Barroco, que acompaña a estética do santuario. A complexidade do traballo manual achega ademais un certo romanticismo e, sobre todo, unha forma de expresar o meu respecto pola propia historia e cultura. Deste xeito, o proceso manual ten un papel real no resultado. A auga introduce pequenas variacións e texturas irrepetibles, facendo que a obra sexa necesariamente única. 

Como vive persoalmente a romaría? 

Tras case 30 anos, experimentei formas moi diferentes de sentila: dende o cativo emocionado polas atraccións e os fogos; o neno que, coma os romeiros, camiñaba dende a casa ata o santuario para celebrar a novena e comezaba a entender a celebración como un acto de reunión familiar e festividade, ata o mozo que apostaba polas verbenas e pola música. Hoxe –debido quizais á curiosidade pola propia historia, polo sentimento de pertenza a un pobo e a unha cultura, e tamén polas miñas inclinacións artísticas– vexo na celebración unha combinación de elementos culturais, artísticos e históricos que acabaron sendo fundamentais para construír esta obra. O cartel nace, dalgún xeito, de todas esas formas de vivir a romaría. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620