Últimos días para presentar traballos ao I Certame Batallón Literario
O prazo para presentar traballos e optar ao galardón de 3.000 euros para a obra ganadora, remata este domingo

O Concello de Cee informa de que quedan poucos días para o peche do prazo de presentación de obras á primeira edición do Certame Batallón Literario da Costa da Morte.
Co gallo da celebración do trixésimo aniversario da fundación do Batallón Literario da Costa da Morte, o Concello de Cee, co apoio da Deputación de A Coruña e a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou neste ano 2026 a primera edición do Certame Batallón Literario da Costa da Morte.
Nesta primeira convocatoria, a modalidade escollida foi a poesía. O prazo para presentar traballos e optar ao galardón de 3.000 euros para a obra ganadora, remata este domingo 27 de xuño, data simbólica por outra parte, pois na mesma cúmprense os 30 anos do I Encontro de escritores da Costa da Morte que tivo lugar nas instalación do instituto Fernando Blanco en Cee.
Desde o Concello de Cee queren amosar a súa gratitude aos numerosos participantes que xa teñen presentado obra para este certame, ao tempo que convidan a participar, a consultar as bases e a formar parte desta nova etapa literaria, a todas aquelas persoas interesadas para, entre todos, manter viva a chama dun colectivo que marcou un antes e un despois na identidade cultural da comarca.










