Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Muxia

A gordofobia chega a Muxía co exitoso monólogo de Esther F. Carrodeguas

Esther F, Carrodeguas
Esther F. Carrodeguas
X
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada’, escrito e protagonizado pola dramaturga e actriz Esther F. Carrodeguas, chega a Carral e a Muxía tras o seu exitoso camiño percorrendo a península e numerosas vilas galegas. Este venres 7 de novembro estará Local Xente Nova de Tabeaio (Carral), con entrada libre ata completar aforo e ao día seguinte no Salón do Voluntariado de Muxía.

A peza aborda a relación da autora co seu corpo, marcada pola gordofobia imperante na nosa sociedade. Baixo a dirección de Xavier Castiñeira, Carrodeguas estará acompañada en escena polo artista multidisciplinar Juanma LoDo, quen realiza a sonoplastia da peza, de corte electrónico. “O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada” é un texto dunha sinceridade crúa que tenta facer ver ás persoas do público de que maneira a gordofobia está instalada na nosa sociedade.

“Só o título impactou moitísimo dende o principio. Moitísimas persoas me contactan a miúdo para dicirme que querían ver a obra porque se identificaban completamente con el, o cal indica que temos a gordofobia demasiado cravada. Descubrín co pasar das función que esta historia non é a miña historia, que é a de moitas persoas”—comenta Carrodeguas— que por máis duro que poida ser o fondo, a peza non deixa de ser divertida –asegura—. O espectáculo leva máis de 50 funcións por toda a península, recibindo unha grande acollida de público e crítica e estará este venres 7 de novembro no Local Xente Nova de Tabeaio (Carral) ás 20:30h e ao día seguinte, sábado 8, no Salón do Voluntariado de Muxía ás 20:00h.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara