Obradoiros, ioga e moita música en vivo no mes de agosto no cámping Lago-Mar de Muxía
Para poder participar nas dúas primeiras propostas hai que inscribirse en info@campinglagomar.es
O cámping Lago-Mar presenta a súa programación cultural para o mes de agosto, con axenda case diaria de concertos, domingos de ioga e powerfit, unha tarde de foliada libre, e obradoiros para todos os gustos. Ademais, todos os luns ata final de mes hai cea de parrilla.
Tras un mes de xullo intenso o cámping Lago-Mar mantén a aposta en agosto cunha extensa programación que abarca todos os días da semana. O espazo está xestionado pola cooperativa cultural Horta Creativa.
Os obradoiros arrancan o martes 11 de agosto cunha tarde de 'creatividade na natureza' con Inma Gregorio. Será ás 16:00 horas e ten un prezo de 20 euros cos materiais incluídos.
O venres 14 haberá obradoiro de tecido exipcio con Sarah Barrientos, co mesmo horario e prezos anteriores.
O xoves 20 tocará un obradoiro de reciclaxe de papel con LuPapeterie. Neste caso será ás 12.00 por un prezo de 25 euros cos materiais incluidos.
O día 23 repítese obradoiro de creación tradicional de taburetes con Sara Riveira; a proposta dos día 25 será un obradoiro de grabado con Harmonía Bas; para pechar o día 30 con un obradoiro de baile galego.
Ademais, haberá dúas sesións de ioga (día 16) e powerfit (día 23) coa profesora Lila Búa. Unhas xornadas de movemento para comezar o día con vistas ao mar.
Para participar nas actividades é necesario inscribirse en info@campinglagomar.es
Música en vivo
As actuacións musicais comenzaron esta fin de semana e seguen este luns, día 3 de agosto co dúo Victor e Naxo.
O martes 4 será o turno para o rock and roll con de Killing Floors máis Mal Juicio; o día 5 contarase co folk acústico de Tomás Porteiro; e o día 6 coa mestura de música galega e danza africana de Perfusión.
O venres 7 contarase coa bonita voz de Carla Lourdes e non faltará diversión co rock de Centro da Terra o domingo día 9.
A programación musical seguirá ata finais de mes.











