Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Laracha

A Aula Nómade do IES larachés, exemplo de calidade para a Xunta

Nas instalacións de carácter provisional estudian 18 alumnos no ciclo de FP básica de Peiteado e Estética

A directora xeral, co alcalde e membros do goberno local, onte, de visita no centro
A directora xeral, co alcalde e membros do goberno local, onte, de visita no centro
Moncho Fuentes

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou este mércores o IES Agra de Leborís da Laracha para coñecer a súa Aula Nómade, unha proposta experimental que se pon en marcha este curso neste centro e no instituto de Ames para o ciclo de FP Básica de Peiteado e Estética, onde destacou as vantaxes da iniciativa. 

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puido coñecer a experiencia piloto, na que estudian 18 alumnos nun módulo totalmente equipado para recibir formación en peiteado. “Son unha novidade e un programa pioneiro da Formación Profesional galega que dá novas oportunidades aos estudantes en todo o territorio”, sinalou Eugenia Pérez. 

Este modelo de aulas nómade a través de proxectos de FP de carácter itinerante e flexible está dotado con todos os recursos para garantir unha formación práctica de calidade, tal como indican dende a Xunta. Estas aulas están configuradas para permanecer nun centro durante unha ou dúas promocións ou ben cubrir necesidades puntuais dos centros. Esta experiencia piloto arranca por primeira vez este ano con estas dúas instalacións, converténdose tamén nun exemplo de sistema circular, xa que foi deseñado por profesorado e alumnado de Formación Profesional do Centro Integrado de FP As Mercedes de Lugo.