Volven as xornadas formativas para as familias larachesas desde o servizo de atención temperá
O programa comezará o 26 de maio cunha sesión sobre o trastorno de espectro autista

O Concello de Laracha porá en marcha a finais de maio e en xuño a terceira edición das ‘Xornadas para familias desde o Servizo de Atención Temperá’, unha iniciativa dirixida a familias con nenos e nenas de entre 0 e 6 anos de idade.
O programa inclúe catro sesións formativas nas que se abordarán cuestións clave relacionadas co desenvolvemento infantil, a crianza e o benestar dos menores, ofrecendo ás familias ferramentas prácticas e orientación especializada.
A primeira será o 26 de maio (17.00 a 18.30 horas) baixo o título ‘Sinais de alarma TEA. Importancia da intervención precoz’ e impartida pola logopeda Lorena Vilouta.
A segunda será o 2 de xuño e titularase ‘Primeiros auxilios pediátricos’.
A terceira prográmase para o 9 de xuño, xirará sobre ‘Uso das pantallas en menores de 6 anos’ e será dirixida por la terapeuta Tamara Carro.
O programa pecharao o 16 de xuño a psicóloga María Cal falando de ‘Desenvolvemento emocional na infancia’.
As sesións terán lugar no Edificio Administrativo e para asistir hai que inscribirse de xeito gratuito a través do formulario in liña habilitado na web e nas redes municipais








