Se se fixese unha enquisa entre coruñeses sobre os seus lugares favoritos, é probable que gañase a praza das Bárbaras. O Concello decidiu intervir nese remanso de paz da Cidade Vella. É difícil mellorar este recuncho, polo que é unha decisión valente. Recemos para que sexa acertada.
