Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Sobre o novo centro de saúde de Fisterra

Áurea Domínguez Sisto, exalcaldesa de Fisterra e voceira de AV  

Nas últimas datas, transcenderon diversas informacións sobre o suposto desbloqueo do proxecto para a construción do novo Centro de Saúde de Fisterra, promovido dende o Parlamento de Galicia a instancias do deputado do BNG, Óscar Insua, e da portavoz de Sanidade do Partido Popular, Encarna Amigo. 

A iniciativa, que insta á Xunta á edificación do centro unha vez que o Concello aporte os terreos, foi presentada ante a opinión pública como un avance decisivo para o municipio. 

É necesario achegar claridade e rigor ao debate. A realidade é que o compromiso de construír o novo centro xa fora adquirido polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño e ratificado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, en contactos institucionais mantidos ca excalcaldesa Áurea Domínguez Sisto. Este non é un desbloqueo. Trátase, máis ben, da reiteración dun acordo xa existente. 

Ademais, existe unha cuestión técnica de fondo, descoñecida polos promotores desta nova iniciativa parlamentaria: o equipo de goberno da exalcaldesa Aurea Domínguez atopouse con que a parcela en cuestión carecía de título habilitante para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade, presentaba problemas de delimitación catastral e ademáis contiña na súa delimitación o terreo ocupado pola estación de bombeo municipal de augas residuais. 

Ante esta realidade, o anterior equipo de goberno impulsou os trámites de regularización catastral da parcela para poder obter un título válido e proceder á súa inscrición, condicións imprescindibles para que a cesión ao Sergas sexa aceptada pola Administración autonómica. 

Resulta, por tanto, non axustado á realidade presentar como novidade unha xestión que leva tempo iniciada e que depende, en boa medida, da resolución de cuestións técnicas e xurídicas que se atopan en trámite de resolución. 

Na miña opinión, a política debe servir ao interese público e non aos intereses partidistas dos partidos políticos. A responsabilidade institucional e a cooperación leal entre administracións resultan imprescindibles para o progreso do noso municipio. Só así, sumando esforzos e sendo rigorosos na xestión, lograremos avanzar en proxectos fundamentais para a veciñanza. 

Así pois, non podo evitar mostrar a miña sorpresa ante titulares que recollen falsos logros ou actuacións baleiras de novo contido sen mellorar un ápice o xa previamente conseguido. 

Cabe pensar que todo iso sexa una forma máis de silenciar actuacións previamente realizadas e acordos xa adquiridos pola anterior mandataria do Concello de Fisterra

Áurea Domínguez Sisto, exalcaldesa e voceira de Alternativa dos Veciños de Fisterra
Áurea Domínguez Sisto, exalcaldesa e voceira de Alternativa dos Veciños de Fisterra
AEC