Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

Baio convértese na capital do audiovisual cos Premios Fouciño

O festival comezou este xoves e rematará o sábado coa entrega de premios e concerto

Acto inaugural do programa
Acto inaugural do programa
Mar Casal

O V festival dos Premios Fouciño, que este xoves botou a andar en Baio (Zas), converte esta localidade na capital galega do audiovisual. Numerosas persoas participaron no acto inaugural, que presidiu o alcalde, Manuel Muíño, e na posterior proxección de ‘Pura’, de Carmen Méndez, madriña do evento.

 O rexedor destacou a importancia do festival, tanto pola cantidade de traballos presentados como pola súa calidade. O festival este ano aborda o seu lado máis social, poñendo o foco no innovador e partindo desde o carácter local e íntimo das historias que se volven universais. Profesionais e novos talentos de toda Galicia amosarán as súas pezas durante hoxe e mañá, ademais doutras actividades paralelas.

 Esta tarde a partir das 20.00 horas haberá unha nova sesión de curtas con “Delincuente”, de Alba Domínguez e Nuria Vil; “O Coidado”, de Miguel Canalejo; “Abellón”, de Fon Cortizo; e “La Casa de la Abuela”, de Ashling Ocampo. Mañá haberá dúas proxeccións pola mañá, e partir das 18.00 horas preséntanse as curtas que participan no festival (6 na categoría xeral e 6 na escolar). A partir das 22:00 horas será a entrega de premios, que estará acompañada dos concertos de Antía Muíño, Ulex, 9Louro e Toñita Dj.