Seis días de festa no Entroido de Camariñas
Concello e asociacións levan as actividades por todas as parroquias

O Concello de Camariñas deu a coñecer a súa programación de Entroido, con actividades por todas as parroquias para todas as idades, desde comidas, festas infantís, música ou obradoiros aos desfiles de comparsas.
En total serán seis días de festa, nun programa que empeza o venres 13 de febreiro coa festa de Entroido da Anpa O Areal no pabillón Víctor Hugo, a partir das 17.00. Ao día seguinte haberá comida de balde no Campo do Allo, e pola noite, cocido e cea baile no Campo do Santo, en Camelle.
O domingo 15 o Entroido chegará a Ponte do Porto, con concurso de comparsas a partir das 12.30 horas. Haberá un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 e un terceiro de 200. Ademais, cada participante recibirá 10 euros. O mesmo día tamén haberá unha festa de disfraces e degustación de productos típicos en Xaviña organizada por Abrindo o Rejo.
O luns 16 en Camelle haberá unha festa infantil organizada por Folja da Faneca e na capital municipal, en Camariñas, o día grande será o martes 17, co tradicional concurso de comparsas desde as 12.00 horas na Praza do Mercado se o tempo o permite. Repartirase un primeiro premio de 800 euros, un segundo de 600 e un terceiro de 300, e cada participante recibirá 10 euros.
Ese día pola tarde haberá festa infantil e concurso de disfraces no pabillón. O Entroido rematará o mércores 18 de febreiro co tradicional Enterro da Sardiña, con saída da Casa de Pedra







