Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

Unha viaxe no tempo polos Penedos de Traba e Pasarela

Medio cento de persoas participaron o domingo na ruta organizada pola entidade turística Aptcm

Visita por los Penedos de Traba y Pasarela este domingo
Visita polos Penedos de Traba e Pasarela este domingo
Marcos Boedo Casanova
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM), a través da iniciativa Sabor a Mar, organizou unha xornada de posta en valor dos Penedos de Pasarela e Traba, un dos enclaves naturais máis singulares da comarca. A actividade comezou cunha charla inicial na escola de Pasarela, impartida catedrático emérito de Xeoloxía da UDC Juan Ramón Vidal Romaní, na que tamén interviñeron Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, Francisco Charlín Oróns, alcalde de Laxe, Guillermo González, dos GALP e Pepe Formoso, presidente de APTCM.

 Durante o encontro destacouse a importancia de preservar e difundir este espazo natural como parte fundamental do patrimonio da Costa da Morte. A xornada contou coa participación de arredor de 50 persoas, que posteriormente realizaron un percorrido guiado de aproximadamente dúas horas polos Penedos. Ao longo do traxecto, Romani foi explicando as características xeolóxicas, históricas e culturais do enclave, contribuíndo a unha mellor comprensión do seu valor paisaxístico.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620