Baio énchese de libros, tapas e diversión na Feira das Letras
A feira comezou este venres e prolóngase ata o domingo con numerosas propostas

A localidade de Baio (Zas) énchese de libros, tapas, descontos e moita diversión na Feira das Letras, que comenzaba este venres e continúa durante toda a fin de semana. A ruta de tapas (a 2,5 euros) polos sete establecementos participantes: O Calvario, Casa Rogelio, bar Trébol, cervecería Río Grande, cervecería Mané, raxería Os Arcos e A Lareira, son un dos principais atractivos, aínda que hai ampla variedade de actividades. Nos comercios hai descontos de ata un 20% nos productos de tempada, ademais de diferentes propostas para todos os públicos.
Esta mañá (11.30 horas) abrirá a carpa instalada na Praza Jorge Mira, e media hora despois terá lugar a presentación do libro “Begoña Caamaño”, de Icía e Xosé Manuel Varela e Nerea Gómez. Durante toda a tarde haberá actividades infantís, cunha tirolina, rocódromo e hinchables, e música da charangas Os Celtas. Ás 20.30 horas preséntase “Gorrións e falcóns”, de Carmen Blanco Sarjurjo, e unha hora despois proxectase a película “San Simón”, finalista dos Mestre Mateo.
Mañá domingo haberá novas presentacións literarias, “Golpistas e represores”, de Luis Lamela; “Que quede entre nós”, de Josefa Suárez; e unha guía infantil, “O mapa da túa sexualidade”, de Laura Veiga. O mago Antón, tapas, música e actividades infantís completan a oferta.










