Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

Mónica Ínsua Torralba, do instituto de Baio, gañadora dun Concurso de Videopoemas

O videopoema premiado, titulado “A xustiza pola man”, está baseado nunha composición poética de Rosalía de Castro

Mónica Ínsua e Fina Paulos na entrega do premio
Mónica Ínsua e Fina Paulos na entrega do premio
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Mónica Ínsua Torralba, alumna de 4º da ESO do IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas), resultou unha das dúas gañadoras da IX edición do Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, organizado pola Casa-Museo Manuel María. A entrega de premios foi este sábado en Outeiro de Rei (Lugo), onde tamén se expuxeron os doce traballos finalistas desta edición, seleccionados dun total de case un centenar de videopoemas presentados por centros educativos de toda Galicia. Mónica estivo acompañada por Fina Paulos Lareo, docente que coordinou esta actividade no centro. 

O videopoema premiado, titulado “A xustiza pola man”, está baseado nunha composición poética de Rosalía de Castro. O xurado do certame, composto polo realizador Omar Rabuñal Varela, o profesor e guionista Eduardo Álvarez González, e a profesora e guionista Anxa G. Refoxo, destacou que a peza “consegue que todo funcione: interpretación, fotografía, vestiario, lectura do poema e montaxe”, e subliñou en particular o uso do recurso do “fóra de campo” como elemento narrativo, que “logra unha sobresaínte estimulación dos sentidos e visualización activa”.

O concurso valora aspectos como a coordinación entre os participantes, a elaboración do guión, a participación das familias e a capacidade de transmisión de ideas e valores a través da combinación de elementos sonoros e audiovisuais.

Dende o IES Maximino Romero de Lema felicitan a Mónica polo seu traballo, creatividade e dedicación, e agradece a todos os docentes e familias que acompañaron este proxecto. “Este premio é un recoñecemento á calidade do traballo que se realiza no noso centro e un estímulo para seguir fomentando a creación artística e o achegamento á literatura galega entre o noso alumnado”, sinalan.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620