Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

Un millar de mozos de 14 centros da comarca participan en Baio na gala ‘Falemos + galego’

O evento rematará coa actuación de 9Louro, un dos referentes actuais da lingua galega 

El joven 9Louro estará en Carballo el 26 de junio
9Louro actuará na gala de 'Falemos + galego'
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O vindeiro 18 de xuño celebrarase en Baio (Zas) a gala final do proxecto ‘Falemos + galego’, que reunirá a un millar de mozos de 14 centros educativos da comarca. O acto, que este ano organiza o instituto Maximino Romero de Lema de Baio, será na Praza Jorge Mira a partir das 10.30 horas.

 Os centros participantes no evento son o IES Lamas de Castelo de Carnota, o CPI Plurilingüe de A Picota (Mazaricos), os institutos Fernando Blanco e Agra de Raíces de Cee, o IES Fin do Camiño de Fisterra, o IES Ramón Caamaño de Muxía, o Terra de Soneira de Vimianzo, Pedra da Aguia de Ponte do Porto (Camariñas), o CPI As Revoltas de Cabana, o CPI de Zas, o IES Urbano Lugrís de Malpica, o Eduardo Pondal de Ponteceso, o Parga Pondal de Carballo e o centro organizador, o IES Maximino Romero de Lema. 

Durante toda a mañá levaranse a cabo unha serie de actividades centradas na promoción e defensa da lingua galega, que é o principal obxectivo do evento. Ademais, será un acto pechado, dirixido unicamente ao alumnado participante. Tamén se entregarán os premios aos mellores vídeos realizados polo alumnado en defensa da lingua. 

Haberá actuacións do alumnado dos centros educativos con grupos de gaitas, pandeireteiras e regueifas. Para pechar o acto está prevista a actuación de 9Louro, un dos referentes actuais da música galega e fenómeno de gran impacto entre a mocidade. Hai unos días estivo en Vimianzo, congregando a numerosos mozos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620