Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

Os mozos da Costa da Morte alzaron a voz en Baio na defensa da lingua galega

Cerca dun milleiro de estudiantes de toda a comarca participaron na gala, con 9Louro como broche de ouro

O artista 9Louro na gala de Baio
O artista 9Louro na gala de Baio
Mar Casal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os mozos da Costa da Morte alzaron a voz onte en Baio (Zas) para a defensa da lingua galega. A Praza Jorge Mira acolleu a gala final do proxecto ‘Falemos + galego’, onde participaron 14 centros educativos da comarca, reunindo a unos 900 estudiantes de toda a zona. 

O alcalde de Zas e presidente do xurado, Manuel Muíño, foi o encargado de entregar o premio ao mellor vídeo en galego, que recibiu Alicia Castiñeira Rodríguez, do IES Maximino Romero de Lema (Baio); e ao mellor logo, que foi para Adriana Mouzo, do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto (Camariñas). 

O acto, presentado por Fran Hermida, contou tamén coa presenza dos alcaldes de Cabana, Malpica, Vimianzo e Mazaricos, e do xefe territorial de Educación, amosando o respaldo institucional a unha iniciativa que promove e pon en valor a lingua galega entre a mocidade. 

O xurado estivo integrado por Manuel Muíño, alcalde de Zas; Alejandro Porteiro, da Asociación Premios Fouciño; Xosé Ameixeiras, director de La Voz de Carballo; Ubaldo Cerqueiro, de Que Pasa na Costa; Xosé Manuel Ramos, xornalista de El Correo Gallego; Manuel Froxán, xornalista de Diario de Bergantiños; María Coutinho, secretaria xeral da Lingua; e Soledad Agra, deputada provincial. 

O xurado e autoridades en Baio
O xurado e autoridades en Baio
Mar Casal

A gala contou tamén coas actuacións do alumnado participante, coa música e tradición de As Caramiñas, as Pandeireteiras do CPI de Zas e as Pandeireteiras Tinxideira do CPI A Picota. Como broche final, estivo o mozo muradán 9Louro, que revoluciou o panorama musical nos últimos tempos levando a música galega entre os máis novos

. O principal obxectivo do programa é promover e manter vivo o idioma galego, e que mellor que facelo a través dos máis novos e nunha zona onde máis se fala esta lingua. O instituto de Baio foi o encargado de organizar esta edición do evento. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620