Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

A música e o teatro volven ás Torres do Allo

O primeiro concerto será o sábado 4 de xullo e a cita teatral o domingo 5

Os Quinquilláns nas Torres en pasadas edicións
IG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

As Torres do Allo inauguran esta semana dúas das súas propostas culturais máis agardadas da época estival: o ciclo "Música nas Torres" e as emblemáticas visitas teatralizadas. Ambas as dúas iniciativas volverán encher este histórico espazo patrimonial de música, teatro e divulgación durante a tempada de verán. 

A primeira cita será este sábado 4 de xullo (20.00 horas), co concerto do trío O son de Boroa. Este proxecto musical, liderado por Sabela Olivares, Alberto Millán e Suso Bello, ofrece un directo fresco nun enclave singular, combinando patrimonio e vangarda nunha experiencia pensada para todos os públicos.

A programación continuará o domingo 5 de xullo, co esperado regreso das visitas teatralizadas, que se desenvolverán todos os domingos ás 19:30 horas. Da man da recoñecida compañía Os Quinquilláns, o público poderá descubrir o pazo a través do seu espectáculo, "Pazos da Terra". 

Nesta proposta interactiva, os actores darán vida a personaxes fundamentais da historia do complexo: Francisca Riobóo, a primeira herdeira muller do pazo, e Victor López Seoane, considerado o naturalista galego máis importante de finais do século XIX.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620