Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

O concurso de curtas dos VI Premios Fouciño rexistra récords de participación en todas as categorías

Presentáronse 66 pezas audiovisuais, 45 na categoría Xeral e 21 na Escolar

Una de las actividades de los Premios Fouciño
Unha das actividades da pasada edición dos Premios Fouciño
Ale Romero
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os Premios Fouciño encaran a súa VI Edición consolidando a súa presenza entre o circuito de festivais galegos. Para demostralo, o certame baiés acaba de pechar as inscricións do seu concurso de curtametraxes cun récord de inscricións. Presentáronse 66 pezas, o que supón o máximo rexistro na historia do festival. Este ano, a categoría Xeral é a responsable principal do crecemento, con 45 curtametraxes inscritas. A categoría Escolar conta con 21 inscricións de 15 centros de ensino, cifra superior aos 13 do ano pasado.

Como xa é habitual, entre as participantes destaca a presenza de curtametraxes feitas en escolas e institutos da Costa da Morte, produto dos obradoiros de cinema que o equipo dos Premios Fouciño realizou ao longo deste ano para animar o alumnado a participar.

O festival está organizado pola AC Premios Fouciño e conta co apoio do Concello de Zas e a Deputación da Coruña. A VI Edición terá lugar en Baio do 22 ao 24 de outubro de 2026. A proxección das curtas finalistas será o sábado 24 de outubro e a entrega de premios contará cun cunha serie de concertos de artistas emerxentes, encabezados pola lucense Laura LaMontagne. O resto da programación será anunciada a comezos de setembro, xunto coas curtametraxes finalistas do concurso.

As persoas interesadas poden ir consultando a información nas redes sociais do proxecto (@premiosfoucino) ou na web https://premiosfoucino.concellodezas.org/

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620