Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

O vimiancés Nicolás Soto, campión de España Sub15 en Tiro con Arco

Yago Rellán, do mesmo clube de Vimianzo, acadou a sexta posición 

Competición de Tiro con Arco
Nicolás Soto, no centro coa súa compañeira, levantando a copa
CV
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O arqueiro vimiancés do Club Dousxsetenta, Nicolás Soto, acaba de proclamarse campión de España por equipos mixtos na categoría Sub15, formando parella con Uxía Goyanes, do Club Arqueiros de Cambre, e representando á selección galega no Campionato de España que se está a disputar en Madrid.

A parella galega completou un percorrido impecable na fase eliminatoria. Nos cuartos de final, Galicia impúxose con autoridade a Navarra por un contundente 6-0. Na semifinal agardaba Madrid, nun enfrontamento moito máis igualado que os galegos resolveron por 5-4. Na gran final, Nico e Uxía volveron ofrecer un gran nivel para superar a Andalucía por 5-1 e conquistar o título nacional.

Durante esta competición por equipos mixtos, Nico e Uxía contaron tamén co apoio de Yago Rellán, compañeiro de club de Nico e tamén integrante da selección galega, que exerceu como capitán do equipo.

Na competición individual, tanto Nico coma Yago realizaron tamén un excelente papel. Ambos completaron un gran round clasificatorio e foron avanzando nas eliminatorias deixando atrás aos seus rivais.

Yago, rematou finalmente na sexta posición, despois de alcanzar os cuartos de final, mentres que Nico chegou ata a loita pola medalla de bronce, quedándose ás portas do podio cunha magnífica cuarta posición. Dous resultados que confirman o gran nivel dos dous arqueiros vimianceses nesta cita nacional.

O Concello de Vimianzo quiso felicitar aos dous integrantes do clube polos bos resultados. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que "é unha inmensa satisfacción ver como deportistas do noso concello acadan éxitos deste nivel e levan o nome de Vimianzo por toda España. Son un orgullo para toda a veciñanza e un exemplo de constancia, traballo e superación para a mocidade".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620