Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

Afiando Fouciños abre este sábado en Baio cunha sesión dedicada ao río do Porto 

O Auditorio de Baio acollerá a presentación do documental ‘O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira’, do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte 

CARTEL ZAS - Afiando Fouciños abre este sábado en Baio cunha sesión dedicada ao río do Porto
Cartel da presentación do documental
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O ciclo Afiando Fouciños, creado este ano como antesala dos VI Premios Fouciño, botará a andar este sábado 26 de setembro, ás 19.00 horas, no Auditorio de Baio, cunha sesión dedicada ao patrimonio natural, histórico e cultural da comarca. 

A primeira proposta do ciclo será a presentación do documental ‘O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira’, realizado polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom). 

No acto intervirán Evaristo Domínguez e Xosé María Lema, membros da directiva do Semescom, este último tamén guionista do documental. A sesión estará moderada polo alcalde de Zas, Manuel Muíño. 

O audiovisual nace como continuación do traballo desenvolvido polo Seminario de Estudos Comarcais arredor deste curso fluvial. En 2019, o Semescom publicou o libro 'O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira' e, posteriormente, no ano 2024, a directiva da asociación acordou realizar un documental baixo o mesmo título, coa intención de seguir afondando no coñecemento e na posta en valor da principal arteria fluvial da Terra de Soneira. 

O proxecto pretende tamén contribuír á recuperación do nome histórico de río do Porto, unha denominación documentada desde hai séculos. 

A proposta audiovisual segue unha distribución de contidos semellante á do libro e combina a explicación histórica coa descrición do percorrido do río. O documental aborda, así, a historia da súa denominación e a evolución do uso do nome río do Porto, fronte á denominación río Grande, empregada desde a década dos sesenta do pasado século. 

Afiando Fouciños nace nesta edición como unha nova iniciativa vinculada aos VI Premios Fouciño, que se celebrarán do 22 ao 24 de outubro en Baio e que este ano poñen o foco na animación galega. O ciclo desenvolverase durante as catro semanas anteriores ao festival e incluirá catro proxeccións documentais en Baio e Zas, coa intención de ampliar a programación audiovisual e achegar ao público propostas vinculadas coa memoria, a cultura e a realidade do territorio. Tras a sesión inaugural do 26 de setembro, Afiando Fouciños continuará con ‘360 Curvas’, ‘Crónicas dun Non’ e ‘Deuses de Pedra’, esta última prevista para o 18 de outubro no Local Fouciño de Baio. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620