Vimianzo e Dumbría acollen o Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas o 8 de novembro
Levarase a cabo a Rutas das Alvarizas no Monte Faro guiada pola experta Carme Toba

Vimianzo e Dumbría acollerán o V Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas o vindeiro domingo 8 de novembro. O lugar de encontro será a Casa da Cultura de Berdeogas (Dumbría), onde participará Zaira Lago, apicultora de Dumbría que comercializa o seu mel baixo a marca “Mel Morriña Dourada”, mellor mel do 2025 no certame Mel Costa da Morte.
A continuación desplazaranse ata Vimianzo para coñecer a Ruta das Alvarizas do Monte Faro, da man de Carme Toba, unha experta no patrimonio apícola da Costa da Morte.
Pola tarde, as participantes poderán coñecer o proxecto apícola de Zaira Lago, haberá a visita dunha alacena galega e tamén se celebrará unha asemblea constituínte do colectivo, que pasará a ser unha das primeiras asociacións de mulleres abelleiras do país.
Dende a organización animan ás mulleres a participar nesta xuntanza e formar parte da asociación, que ten como fins principais dar a coñecer o traballo e a importancia das mulleres relacionadas co mundo das abellas e insectos polinizadores, tanto na práctica da apicultura como na dedicación a outros sectores que teñan algún vínculo coas abellas e polinizadores.
As persoas interesadas deben inscribirse enviando un email a info@maisquemel.gal ou contactar por teléfono no 629 376 686 (Fátima), antes do 5 de novembro.











