Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Camariñas

Artistas e veciños debaten en Camelle sobre o legado de Man e o futuro cultural da Costa da Morte

Fotografía de archivo de una excursión en el museo de Man 
DB
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
LICEO-620X50

Este sábado 28 de marzo ás 11.00 horas, o Museo do Alemán de Camelle acollerá a Xornada sobre Man e a arte na Costa da Morte, un encontro aberto á cidadanía que reunirá artistas, axentes culturais e veciñanza co obxectivo de reflexionar sobre o legado de Manfred Gnädinger, coñecido como Man, e sobre a situación das infraestruturas culturais na comarca.

A iniciativa, integrada no proxecto Sabor a Mar con R pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), pretende xerar un diálogo plural arredor da obra de Man, figura clave da arte ambiental europea, cuxo traballo converteu Camelle nun espazo de referencia cultural singular.

Xornada Camelle
Cartel Xornada sobre Man
Cedida

O encontro abordará cuestións como a conservación do conxunto artístico creado polo autor, a pertinencia de posibles intervencións e as vías para garantir a protección e difusión dun patrimonio artístico único.

Ademais, a xornada servirá para analizar o papel das infraestruturas culturais no desenvolvemento da Costa da Morte, así como os retos e oportunidades existentes para fortalecer o tecido cultural do territorio, fomentar a participación cidadá e impulsar novas dinámicas de creación contemporánea vinculadas á identidade local.

O evento convida á veciñanza da Costa da Morte, á comunidade artística e a todas as persoas interesadas na cultura e no patrimonio a participar neste espazo de encontro e reflexión colectiva.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina