Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Camariñas

Miryam Mouzo, debuxos cuquis desde Camelle

A ilustradora é autora de varios cadernos infantís

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Miryam Mouzo é unha escritora e ilustradora infantil de Camelle, a patria artística daqueloutro curioso dos cadernos pintorlados que foi Man o Alemán. Miryam parte o seu tempo entre Camelle e Pazos(Ponteceso).

É autora dunha colección de cadernos infantís ilustrados que se poden adquirir en Amazon, orientados en parte á educación infantil, pero que tamén caen en mans de maiores. Son títulos suxestivos como: “Peque, es xenial”, “A miña profe é xenial”, “O meu profe é xenial”, “Papá es xenial”. 

Mentres ten lugar esta entrevista asistimos a unha nova creación, Avogato, “para ou meu fillo, que xa pide a parte 2; empezou sendo un conto, é un híbrido, medio conto, medio viñeta”. O cómic é unha nova aposta da autora, cuxa imaxinación non descansa. 

Un dos cadernos, máis extenso, 98 páxinas, ten máis éxito entre os adultos; é un manual para aprender a debuxar polo método xaponés kawaii, que ela utiliza: “Como debuxar kawaii. Debuxa, xoga e aprende”. 61 debuxos, 12 tips.

Aínda que nacen como didáctica infantil, “algúns nenos regálanllos aos pais, aos mestres”. Ela traduce kawaii como debuxos cuquis, esas caras redondeadas con ollos grandes dos mangas e animes. Así foron saíndo sete títulos distintos, desde o caderno de ideas e esbozos á paleta gráfica, á aplicación da tableta de debuxo. 

Todo nace porque o seu fillo lle pedía contos e gustábanlle os seus debuxos. Primeiro foi unha aposta por crear un conto para agasallo do seu fillo ao profe. Explica a autora: “Pero eu a súa idade xa dicía que quería ser escritora infantil, levo anos facendo isto, para agasallo a sobriños, amigos, escribindo sobre as trastadas compartidas”. “Lévame o tema infantil, imaxino moitas cousas e debuxo de xeito natural. O neno víame escribindo e díxome: cando me fas a un para min, para a miña mestra?” di a ilustradora de Camelle.

Algúns xa corren por unitarias, con eles os nenos debuxan, escriben, porque son libretas interactivas. “Quero dirixirme nesta colección a distintos perfís, para que todos se sintan identificados”, indica. 

Ten claro que os contos deben atraer desde o principio, “se a min o que estou lendo non me atrae, en cinco minutos pérdome. Eu poño pasos, cousas divertidas. E uso distintas letras, páxinas a cores diferentes”.

Miryam probou con deseños de moda, camisetas, bolsas, na súa marca jataparda, que tivo que deixar durante a pandemia. Agora está inmersa en rematar esta colección de cadernos e en indagar no tebeo tradicional, no cómic.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620