A Casa da Cultura de Vimianzo acolle esta fin de semana o segundo foro “Alza Voz de Muller”
A posibilidade de inscripción segue aberta

Este venres e sábado celébrase en Vimianzo a segunda edición do Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte “Alza Voz de Muller”; unha cita que avalada polo éxito da primeira convocatoria.
O encontro, promovido polo Concello, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Dirección Xeral de Igualdade da Xunta, supera xa as 120 persoas inscritas, na súa maioría mulleres procedentes de distintos puntos da provincia.
O foro pretende consolidarse como un espazo de referencia para a reflexión, a aprendizaxe e o impulso do liderado feminino no ámbito rural, favorecendo o intercambio de experiencias e a creación de redes profesionais.
Baixo o lema “Da consciencia á acción para liderar, emprender e transformar desde o rural”, a cita reunirá a destacadas profesionais e referentes a nivel estatal, que participarán en distintas actividades orientadas ao desenvolvemento persoal e profesional das asistentes.
O evento contará con relatorios, espazos de diálogo e dinámicas participativas nas que se ofrecerán ferramentas prácticas e se fomentará a toma de decisións, así como para fortalecer unha comunidade de mulleres con intereses compartidos.
Entre as participantes desta edición figuran nomes como Gemma Fillol (consultora de marca persoal); Nuria Varela (xornalista e escritora); Eva López Barrio (experta en emprendemento feminino); Rosa Arcos (Fademur), Cecilia Trancón (Caolines de Vimianzo) e Lorena Añón (vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela), entre outras








