Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Zas

O Concello de Zas acolle o 24 de maio a terceira edición da xúa xornada canina

A cita celebrarase na praza Jorge Mira Pérez e incluirá un concurso popular, exposición, exhibición e sorteo de agasallos

Una demostración de la pasada edición del certamen
Unha demostración da pasada edición do certame
Raúl López
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Zas celebrará o  domingo día 24 de maio a terceira edición da súa Xornada Canina, unha iniciativa pioneira e única na Costa da Morte que converterá a Praza Jorge Mira Pérez nun punto de encontro para amantes dos cans e dos animais de compañía. 

A programación comezará ás 11.30 horas cunha completa proposta de actividades que combinará competición, exhibición e participación popular. 

A xornada incluirá a III Exposición Canina para o Campionato Galego ALCELCRE e o III Concurso Local Costa da Morte. 

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou que “queremos que sexa unha xornada para compartir, convivir e desfrutar da compañía dos nosos mellores amigos de catro patas, cun programa pensado tanto para profesionais como para familias e afeccionados”. 

A III Exposición Canina, dirixida a criadores profesionais, será unha das actividades centrais da xornada e terá carácter oficial ao ser puntuable para o Campionato Galego Alcelcre. 

Os exemplares participantes deberán contar con chip identificativo e ter a vacinación ao día. 

Pola súa parte, o III Concurso Local Costa da Morte estará aberto á participación de calquera persoa que desexe acudir co seu can. 

Os animais inscritos deberán igualmente dispor de chip e cartilla veterinaria en regra. 

O certame popular contará con diferentes recoñecementos, entre eles os premios ao Can máis guapo e ao Can máis simpático. 

A xornada completarase cunha exhibición canina protagonizada por criadores profesionais e destacados exemplares participantes, ademais dun sorteo de agasallos entre todas as persoas inscritas. 

As inscricións permanecerán abertas ata o propio día do evento e poderán formalizarse a través do formulario web habilitado polo Concello de Zas (https://forms.gle/jAAMdsiccFPqRvYdA), no teléfono 981 70 83 03 ou no correo culturazas@gmail.com.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620