Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Zas

O Concello de Zas convida a descubrir o ceo no Dolmen da Arca da Piosa da man de Jorge Mira

A proposta, prevista para o 13 de agosto, combinará unha camiñada nocturna cunha experiencia de divulgación astronómica nun dos espazos patrimoniais máis emblemáticos de Zas

Na actividade de observación astronómica dende o Dolmen da Arca da Piosa participa moita xente
Na actividade de observación astronómica dende o Dolmen da Arca da Piosa participa moita xente
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Zas organiza o próximo 13 de agosto (xoves), unha actividade que xa é un clásico dentro da programación do verán na Costa da Morte. 

‘Ollada ao firmamento dende o pasado’, é unha proposta que une patrimonio arqueolóxico e divulgación científica a través dunha experiencia de observación astronómica nun dos espazos máis emblemáticos do municipio: o Dolmen da Arca da Piosa. 

A actividade estará guiada polo prestixioso divulgador científico Jorge Mira e dará comezo ás 22:00 horas, con saída desde Santa Sía de Roma. 

Desde alí, as persoas participantes realizarán unha camiñada duns dous quilómetros, de dificultade baixa, ata chegar ao dolmen, onde se desenvolverá a sesión de observación e interpretación do ceo nocturno. 

Ao remate da mesma, no espazo do dolmen, haberá un espectáculo teatral e de luces. 

A iniciativa busca achegar á veciñanza e ás persoas visitantes unha nova forma de descubrir o patrimonio local, poñendo en valor a relación entre os monumentos megalíticos e a observación dos astros, ao tempo que ofrece unha experiencia divulgativa nun contorno natural de gran beleza. 

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca que "esta actividade permítenos descubrir o noso patrimonio desde unha perspectiva diferente, combinando historia, ciencia e natureza nun escenario tan singular como a Arca da Piosa". 

Ademais, sinala que "contar cun divulgador do prestixio de Jorge Mira, que ademáis é veciño, é unha oportunidade magnífica para achegar a astronomía a todos os públicos e seguir promovendo iniciativas que poñan en valor os recursos culturais e paisaxísticos do noso concello". 

Desde a organización recoméndase ás persoas asistentes levar roupa de abrigo, lanterna e unha manta para deitarse, co fin de gozar da observación nas mellores condicións. 

A participación é gratuíta, pero require inscrición previa, que poderá realizarse a través do formulario en liña dispoñible na páxina web do Concello de Zas ou chamando ao teléfono 981 751 398.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620