Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Tendencias

A Coruña honra a memoria de Castelao no ano dedicado á súa figura

Neste 2025 conmemóranse o 75 aniversario do seu falecemento

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Neste 2025 cúmprense 75 anos do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis importantes para a cultura galega no século XX. A cidade da Coruña non é allea a esta especial efeméride, e nos vindeiros días haberá diferentes eventos na súa lembranza.

O martes, día 4, o Circo de Artesáns inicia unha serie de actos na honra de Castelao. Concidindo co Ano Castelao e o 105 aniversario da exposición dos seis debuxos na  entidade, O Circo de Artesáns elaborou un programa ambicioso que inclúe conferencias, exposicion, proxección e unha  ofrenda floral no seu busto en Méndez Núñez.

Tamén o martes, ás 19.30 horas, inaugurase a exposición dos debuxos do álbum NÓS, que inclúe un pequeno documental, feito con imaxes cedidas pola Filmoteca de Galicia.

Por outra banda, tamén haberá unhas xornadas na Casa Museo Casares Quiroga, que botarán a andar o xoves, 6 de novembro, e rematarán o mércores día 19. En total, durante ese periodo, haberá un total de catro mesas redondas con diferentes figuras para lembrar e analizar a figura de Castelao en todo o seu conxunto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620