Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Xallas

Santa Comba prepara a observación do eclipse do 12 de agosto e a choiva das Perseidas

O Concello abre o prazo de inscripción para participar nas dúas actividades o mesmo día 

Monte de San Bartolomé en Santa Comba
Monte de San Bartolomeu en Santa Comba
SC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santa Comba abre as inscricións para participar nas actividades de Santa Comba Astronómica 2026, que se celebrará o mércores 12 de agosto no Monte de San Bartolomeu. A iniciativa permitirá seguir desde este enclave o eclipse solar e a choiva de estrelas das Perseidas a través de observacións guiadas, nunha programación que se estenderá desde as 17.30 horas ata ben entrada a noite.

A xornada comezará ás 17.30 horas co obradoiro familiar Movendo estrelas, unha proposta con prazas limitadas que require inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse a través dun formulario, nesta ligazón.

Ás 19.00 horas dará comezo a observación guiada do eclipse solar. A actividade contará con gafas homologadas para poder seguir o fenómeno de maneira segura e o acceso estará condicionado á inscrición previa ata completar a capacidade dispoñible. As reservas poden realizarse na plataforma de reservas habilitada polo Concello.

A programación continuará ás 21.00 horas co concerto de Monoulious DOP. A música dará paso, ás 22.15 horas, a un momento de encontro arredor dun chocolate con rosca para todas as persoas asistentes.

Ás 23.00 horas comezará a observación guiada da Noite das Perseidas, que permitirá achegarse a un dos fenómenos astronómicos máis populares do verán con orientación de persoal experto. O acceso tamén require inscrición previa ata completar capacidade, a través da mesma plataforma municipal de reservas.

Santa Comba Astronómica nace coa vontade de aproveitar as condicións do Monte de San Bartolomeu como espazo para achegar a astronomía á cidadanía e ofrecer unha experiencia arredor dos fenómenos que marcarán o ceo do 12 de agosto.

A coincidencia do eclipse solar coa Noite das Perseidas converte a xornada nunha oportunidade singular para observar dous grandes fenómenos astronómicos nun mesmo día. O programa incorpora ademais propostas familiares e música en directo, ampliando a experiencia máis alá das propias observacións

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620