Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Xallas

Mazaricos acollerá un encontro en setembro para loitar pola defensa do rural

O IV Encontro Burla Verde o 5 e 6 de setembro leva unha mensaxe clara: "o rural galego non está en venda"

Movilización en Mazaricos pola oposición o proxeto da Ruña 
IG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Os días 5 e 6 de setembro, Santiago de Arcos, no concello de Mazaricos, converterase no punto de encontro de colectivos, plataformas, asociacións e persoas chegadas de diferentes lugares de Galicia para participar no IV Encontro Burla Verde, unha cita que naceu coa vontade de poñer en común as distintas loitas pola defensa da terra e que chega á súa cuarta edición cunha mensaxe clara: os problemas que sofre o rural galego teñen nomes e lugares diferentes, pero responden demasiadas veces a un mesmo modelo de ocupación, explotación e expolio do territorio. 

Burla Verde chega a Mazaricos despois das anteriores edicións celebradas en Sabucedo, O Courel e Vilanova dos Infantes, e tras meses nos que diferentes colectivos impulsaron actividades e encontros previos en distintos puntos de Galicia. O camiño percorrido permitiu comprobar algo que para a organización resulta cada vez máis evidente: ningún territorio pode afrontar illadamente o que está acontecendo en Galicia. 

Eólica terrestre e mariña, megaminería, plantas de dixestión anaeróbica de residuos agroindustriais, proxectos como Altri, os impactos asociados a grandes complexos industriais como Alcoa ou Ence, novas infraestruturas eléctricas, encoros e centrais hidroeléctricas reversibles forman parte dun escenario no que numerosos territorios rurais se ven obrigados a organizarse para defender os seus montes, a súa auga, a paisaxe, os seus recursos, as súas actividades económicas e a propia posibilidade de continuar vivindo neles.

A elección de Mazaricos non é casual, xa que tanto este concello como a contorna do Xallas son un exemplo especialmente claro do que significa acumular durante décadas infraestruturas enerxéticas sobre un mesmo territorio. E para entender a dimensión da presión actual non abonda con mirar os proxectos que están sobre a mesa: hai que mirar primeiro todo o que xa existe. Só Mazaricos conta con máis de 120 aeroxeradores, entre eles os correspondentes ao Polígono Eólico A Ruña II e ao Polígono Eólico Pedregal Tremuzo.

A poucos quilómetros, atópase Negreira co Poligono Eólico de Corzán, suma arredor de 40 aeroxeradores. En Santa Comba están xa o Polígono Eólico Fontesilva e a súa ampliación, ademais do Poligono Eólico de Zas. En Vimianzo, os polígonos eólicos Barrigoso e Monte Tourado-Eixe; en Dumbría, Ameixenda, Filgueira e Ponte Rebordelo; e en Cee, Sembra, Rego do Lobo e Paxareiras II/Codesos. E a presión enerxética da comarca non comezou coa eólica. 

O río Xallas conta xa coas centrais hidroeléctricas de Ponte Olveira I e II, Novo Castrelo, Castrelo, Santa Uxía I e II e Novo Pindo, ademais dos encoros da Fervenza, A Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620