Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Xallas

Unha viaxe polas lendas galegas máis significativas, este sábado en Mazaricos

Presentarase 'Eco nas Lendas', unha proposta escénica contemporánea que recupera e actualiza o patrimonio oral galego

ECO NAS LENDAS A3(1)
Cartel da proposta Eco nas Lendas
IG
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Mazaricos acollerá este sábado 26 de setembro (20 horas) na Casa de Cultura da Picota, a representación de 'Eco nas Lendas', unha proposta escénica contemporánea que recupera e actualiza o patrimonio oral galego mediante unha experiencia inmersiva que fusiona diferentes disciplinas artísticas. A actividade chega ao municipio impulsada pola Xunta de Galicia dentro do programa O Teu Xacobeo. 

O proxecto propón unha viaxe polas lendas máis significativas da tradición galega, reinterpretadas desde unha mirada actual que combina interpretación profesional, narración oral, música electrónica en directo, deseño sonoro, iluminación escénica e videomapping. O resultado é unha posta en escena que conecta tradición e vangarda, transformando cada espazo patrimonial nun escenario vivo. 

A iniciativa forma parte dunha xira por cinco concellos galegos e constitúe a primeira fase dun proxecto de longo percorrido que incluirá a produción dun documental sobre as representacións e o proceso de investigación das lendas galegas, contribuíndo á súa conservación e difusión para as futuras xeracións. 

O tenente de alcalde de Mazaricos, Jorge Villar, destaca que "actividades como esta permiten achegar ao noso territorio rural propostas culturais de alta calidade, reforzando a identidade galega e poñendo en valor o noso patrimonio inmaterial. Mazaricos é un concello que aposta pola cultura como ferramenta de cohesión comunitaria e de defensa da nosa memoria colectiva". 

Mazaricos continúa así cunha nova actuación cultural, unhas das súas principais apostas. Hai uns días o artista Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre levaron a súa música a A Picota, onde gozou o público de todas as idades. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620